Este venres 9 de decembro ás 20:00 inauguramos nova exposición no Pazo Torrado e á cal quedades todos e todas convidados. Tócalle cerrar a programación anual deste 2016 á exposición colectiva CAMBADOS E O FOGA. Unha mostra que recolle os traballos pictóricos e escultóricos dos compoñentes do Fato Ounirista Galego, fundado no ano 1975 por Yayo, Kukas e J. Méndez, e no que tamén estiveron presentes Lino Silva, Francisco Leiro, Carlos O. Oubiña, e posteriormente Manolo Paz, así como outros compoñentes do grupo, como Garrido, Doro, Anselmo Lamela ou Luis Fega, e dos cales poderedes ver unha mostra do seu traballo no Pazo Torrado dende o 9 de decembro (inauguración ás 20:00) ata o 8 de xaneiro, en horario de 17:00 a 20:00.
CAMBADOS E O FOGA
Deixa unha resposta Cancelar a resposta
Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.
Últimas novas

CAMBADOS ORGANIZA UN CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA
2 Febreiro, 2023
As concellerías de Sanidade e de Servizos Sociais

OS REIS MAGOS CONTESTAN A TUA CARTA POR VÍDEO
27 Decembro, 2022
1-Podes descargar a plantilla da carta na páxina