O sábado 27 de outubro o Concello de Cambados organizará por segundo ano o Simposio Internacional LGTBI de Galicia, un evento que sitúa á nosa vila na vangarda da defensa dos dereitos do colectivo LGTBI.
O simposio terá lugar en Exposalnés, e contará coa presenza de representantes de diferentes países que exporán os seus diferentes puntos de vista respecto ás iniciativas e á situación do colectivo LGTBI no mundo.
Programa:
- 9:45- Recibimento e acreditacións
- 10:00- Inauguración do II Simposio Internacional LGTBI de Galicia.
- 10:30- Relatorio 1ª. “A transexualidade infanto-xuvenil” GALICIA
Cristina Palacios. ARELAS. Asociación de familias de menores trans
- 11:00- Relatorio 2ª. “Amor sen fronteiras”. BRASIL
Fabio Sueira
- 11:30- Relatorio 3ª “O colectivo LGTBI en España ”. ESPAÑA
Mané Fernández. Vicepresidente da federación estatal LGTB (FELGTB)
- 12:00- Descanso-Café
- 12:30- Relatorio 4ª “A realidade LGTBI en latinoamérica” ARGENTINA
Natalia Pizzuto
- 13:00- Relatorio 5ª “Amor en Cambados” CAMBADOS
Carla Vieites
- 13:30- Relatorio 6ª “As novas tecnoloxías. Portugalgay.pt” PORTUGAL
Joao Paulo, Director da plataforma Portugalgay
- 14:00 -Turno de preguntas, conclusións e debate
- 14:30- Peche do simposio