CAMBADOS, CAPITAL DO FÚTBOL FEMININO GALEGO

CAMBADOS, CAPITAL DO FÚTBOL FEMININO GALEGO

Con toda a propiedade, Cambados vai converterse mañá domingo (25/06/2017) na capital do fútbol feminino galego. Na nosa vila  van celebrarse os dous acontecementos, deportivo e social, máis importantes do ano para o fútfem galego. Pola mañá, no campo de Burgáns, vai celebrarse o I Galegas Norte – Sur / Galician Women’s Soccer All Stars; pola tarde, no Auditorio Municipal, a V Gala do Fútbol Feminino Galego..

 

I GALEGAS NORTE – SUR / GALICIAN WOMEN’S SOCCER ALL STARS

 

O día comezará ás 12,30 no campo Municipal de Burgáns. Nesa hora comezará o partido de fútbol denominado I Galegas Norte – Sur / Galician Women’s Soccer All Stars.

Trátase dunha cita histórica pois é a primeira vez que o fútbol feminino se proxecta promocionalmente cun encontro destas características.

Poderemos ver unha ampla selección das futbolistas dos principais equipos galegos, pero tamén as que estiveron xogando lonxe das nosas fronteiras como é o caso das catro xogadoras do Sp. Braga, ou de Sarita Tui (Granadilla), Carolina (Oiartzun), Patri (At. Madrid B) ou María Vidal (Mercyhurst Lakers University), da NCAA estadounidense.

O encontro está organizado pola Revista do Fútbol Feminino Galego conxuntamente coa Concellaría de Cultura e Deporte do Concello de Cambados, dirixida por Víctor Caamaño. Tamén apoian o evento a Concellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e as deputacións da Coruña e Pontevedra. Igualmente o C.J. Cambados, club local que aporta diferentes medios necesarios para facilitar a celebración do choque.

O partido vai ser transmitido pola TVG2.

Se ao final dos 90 minutos houbera empate serán lanzados os penaltis necesarios para desfacer as táboas coa idea de establecer sempre un gañador, para ir enchendo unha estatística de vitorias e derrotas en futuras edicións. Haberá trofeo para a Mellor Xogadora do Partido, valoración que realizarán consensuadamente os seis técnicos das seleccións.

Convocatoria:

 

GALEGAS NORTE (camisola, pantalón e medias AZUIS):

1 – SHEILA Fernández Suárez (C. Peluquería Mixta Friol)

2 – PATRIcia Carballo Penas (C. At. Madrid B)

3 – PAULA Vázquez Herrero (Victoria C.F.)

4 – NEREA González Cuquejo (Victoria C.F.)

5 – NEREa CARBALLO Blanco (Victoria C.F.) – Cap.

6 – Estefanía “FANY” VARELA Pena (C. Peluquería Mixta Friol)

7 – TATIana Tenreiro Coira (C. Peluquería Mixta Friol)

8 – Carla Pérez Piñeiro “TOMY” (Victoria C.F.)

9 – EVA Pérez González (C. Peluqiería Mixta Friol)

10 – MARÍA VIDAL Souto (Mercyhurst Lakers University / USA)

11 – LUCÍA PARDO Méndez (C. Peluquería Mixta Friol)

12 – GORETTI Neira López (C. Peluquería Mixta Friol)

13 – LUCÍA Otero Pena (Tordoia S.D.)

14 – LARA Gómez Martínez (Victoria C.F.)

15 – NATALIA SÁNCHEZ Rodríguez (Sp. C. Braga / PRT)

16 – LAURA Souto Rodríguez (C. Peluquería Mixta Friol)

17 – RAIsa Méndez Osorio (C. Peluquería Mixta Frol)

18 – NATALIA Llames Olveira (Victoria C.F.)

Xogadoras convidadas:

19 – NOEMI García Rey (S.D. O Val)

20 – SELENIA Blanco Muíño (Tordoia S.D.)

Equipo técnico:

DIEGO FERNÁNDEZ Meijide (C. Peluquería Mixta Friol)

MARCOS MATO Fraiz (Victoria C.F.)

ALBERTO GOLÁN Golán (Torodia S.D.)

 

 

GALEGAS SUR (camisola, pantalón e medias BRANCAS)

1 – Jacqueline Pérez Varela “KILY” (S. Cult. D. Atlántida Matamá)

2 – AINOA GALARZA Señoráns (Fed. Peñas Rec. El Olivo)

3 – CECIlia Fernández Rodríguez (Sárdoma C.F.)

4 – Ana Fontán Pimentel “ANITA” (Sárdoma C.F.)

5 – MARJORIE Allo Suárez (C.J. Cambados)

6 – CANDELA Novo López (C.F. Rúa Valdeorras)

7 – HELENA Ferreiro Rodríguez (U.D. Ourense)

8 – Sara González Rodríguez “SARITA” (U.D. Granadilla Tenerife Sur) – Cap.

9 – NOELIA PEREIRA Rocha (S. Cult. D. Atlántida Matamá)

10 – Claudia garcía Iglesias “CLO” (Sp. C. Braga / PRT)

11 – SARA DEBÉN Mota (S. Cult. D. Atlántida Matamá)

12  – LOREna Codeseda González (S. Cult. D. Atlántida Matamá)

13 – NOELIA PALACIOS Rodríguez (U.D. Ourense)

14 – PAULA Alonso Tabares (S. Cult. D. Atlántida Matamá)

15 – LARA Martínez Velázquez (S. Cult. D. Atlántida Matamá)

16 – Paula Domínguez Encinas “PAULETA” (Sp. C. Braga / PRT)

17 – ANDREA MIRÓN Castro (Sp. C. Braga / PRT)

18 – CAROLINA González Portela (Oiartzun Kir. Elk.)

Xogadoras convidadas:

19 – Lucía Fernández Rodríguez “LUCI” (S. Cult. D. Atlántida Matamá)

20 – LAURA VÁZQUEZ López (S. Cult. D. Atlántida Matamá)

Equipo técnico:

José Ramón “CHICHO” VAL Diz (S. Cult. D. Atlántida Matamá)

DAVID FERREIRO Cameselle (S. Cult. D. Atlántida Matamá)

ADRIán GONZÁLEZ Conde (Sárdoma C.F.)

 

V GALA DO FÚTBOL FEMININO GALEGO

 

Pola tarde, no Auditorio Municipal, desde as 19,30, terá lugar a V Gala do Fútbol Feminino Galego. O evento constitúese como o acto social máis importante do futfem galego e un dos principais dos que se celebran en España destas características. Os mellores clubs, as mellores xogadoras de todas as categorías, a mellor colexiada, o once ideal galego de Segunda División, o club máis deportivo da campaña, ou o mellor club galego da temporada recibirán os seus recoñecementos. O acto terá o seu final coa entrega do trofeo de mellor futbolista galega á santiaguesa Vero Boquete.

O Concello de Cambados, a través da súa Concellaría de Deporte e a Revista do Fútbol Feminino Galego, organizan conxuntamente este acto que terá unha duración aproximada de unha hora e cuarto e no que se compaxinarán a entrega de até 26 trofeos coa proxección de varios audiovisual relacionados co fútbol feminino.

Sen perder o seu compromiso coa historia, na Gala será recoñecida a traxectoria de Ana Veiga, a futbolista padronesa que alcanzou a selección española absoluta militando no Santo Cristo de Pazos, un feito case imposible de non ser pola súa gran calidade que a levou a xogar posteriormente en equipos da importancia do At. Villaverde e o Porvenir, a finais da pasada década dos oitenta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.