CAMBADOS BONIFICA O LIXO E AS TERRAZAS A AUTONOMOS E EMPRESAS

CAMBADOS BONIFICA O LIXO E AS TERRAZAS A AUTONOMOS E EMPRESAS

O Goberno Municipal esta a manter reunións de coordinación periódicas para a xestión da posta en marcha do Plan de Reactivación Económica do Concello de Cambados cos distintos sectores económicos e produtivos de Cambados. Dende o goberno municipal queremos agradecer a participación dos representantes destes sectores tan importantes para a nosa economía neste tipo de xuntanzas onde se están a coordinar as distintas accións que o goberno local esta a levar a cabo para a reactivación económica do Concello.

Así, froito destas reunións, o Concello de Cambados o pasado 27 de abril remitiu a ORAL o Decreto de Alcaldía que establece a Bonificación Fiscal no imposto de terrazas dos 53 locais de hostalería de Cambados dende que se procedeu o seu peche e ata que poidan volver a abrir de xeito normal unha vez finalice o estado de alarma.

En canto o imposto do lixo, só se lles vai cobrar o mínimo esixible por lei por ter o local pechado, que ascende a 29 euros o trimestre, en lugar dos 150 euros trimestrais que se lle cobra ós comercios ou dos 200 ou 300 euros que se lle cobra os bares e cafetarías en función do seu tamaño, bonificación que xa foi concedida de oficio a un total de 483 locais de hostalaría e comercio minorista de Cambados na relación que foi remitida dende o departamento de Recadación municipal no día de onte a ORAL.

En canto aos veciños e veciñas de Cambados, somos o Concello da provincia de Pontevedra xestionado pola ORAL que maior numero de bonificacións fiscais ten. Segundo os datos da oficina de recadación (ORAL), gozaron das bonificacións fiscais 2.184 persoas. O feito de ser pensionista e cobrar menos do salario mínimo, estar no réxime da RISGA, pertencer a familia numerosa ou participar do banco de alimentos dos servizos sociais abre a porta para acollerse a estas axudas. Pero son potestativas, é dicir, é o interesado o que debe solicitalas e desde o goberno local invitan aos veciños a facelo, aínda que iso vaia en detrimento das arcas locais.

Para aqueles establecementos comerciais e minoristas que tiveran que pechar o seu negocio no tempo que dure o estado de alarma e non foran incluídos nesta relación de bonificacións que foi remitida a ORAL, o Concello de Cambados vai a establecer un modelo de solicitude que simplifique a tramitación e a vez sexa máis áxil, xa que dende o Goberno municipal queremos que aqueles negocios afectados pola pandemia do COVID-19 se beneficien canto antes das bonificacións fiscais que establece o Concello de Cambados. Este goberno debe felicitarse porque nunca antes houbo un esforzo maior nas políticas sociais, que favorecen a igualdade social, nin un goberno que contemplase tantas bonificacións e beneficios fiscais, cun carácter social de cara a reactivación económica do municipio e a creación de emprego.

Máis facilidades no aprazamento de Impostos

O novo calendario fiscal 2020, o cal substitúe o aprobado a principios de ano, introduce, entre outras novidades, a posibilidade dun fraccionamento de impostos que nalgúns casos chega ata seis mensualidades. O novo período voluntario de pagamento inclúe a opción de realizar un pagamento fraccionado do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) os días 5 de cada mes. Finalmente, o período voluntario do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) irá de setembro a decembro.

No que se refire ás taxas municipais, que se liquidan en catro trimestres, o Concello de Cambados xa suspendeu o período de pagamento voluntario do primeiro trimestre, que tería que comezar o 6 de febreiro. Este permanecerá suspendido mentres estea en vigor o estado de alarma, pero estímase que o período rematará ao longo do mes de xuño. Dende o Concello de Cambados e os representantes dos distintos sectores económicos pedímoslle prudencia e veciñanza de Cambados nesta Fase de Desescalada e que se sigan as recomendacións que se están a facer en materia sanitaria, así como que os Comercios e negocios de hostalaría cumpran coas normas de seguridade e prevención para tratar de conter a pandemia da Covid-19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.