Cambados, anfitrioa do Campionato nacional Olimpia A.E.F.F.

Cambados, anfitrioa do Campionato nacional Olimpia A.E.F.F.

O clube Vital Sport leva tres anos organizando, xunto ao Ilmo Concello de Cambados, e coa colaboración da Excma Deputación Provincial de Pontevedra, o campionato Galego e Norte de España de Físicoculturismo e Fitness da A.E.F.F. (Asociación Española de Físicoculturismo e Fitness), cun enorme éxito nas suas tres edicións, tanto a nivel de competidores, como por público asistente, tendo incluso na edición do ano pasado que cambiar de ubicación o lugar de celebración do campionato ao Salón de Congresoso e Exposicións José Peña de Cambados por falta de aforo no Auditorio Municipal da Xuventude, quedando sin poder acceder a ver o campionato por atoparse cun pleno de público unhas 80 persoas no no ano 2016.

Neste ano 2018 , e ante o éxito das edicións anteriores, o clube Vital Sport, xunto ao Concello de Cambados, e volvendo a contar coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, organiza en Cambados o Campionato Nacional Olimpia da AEFF, dando un importante salto no nivel de competición e competidores, xa que si nas edicións anteriores se contou cun número de entre 34 e 38 competidores, moitos deles principiantes ou debutantes e algúns, no caso do norte de España, competidores xa experimentados e que posteriormente competiron a nivel nacional, chegando algún a saír en campionatos internacionais, neste caso, prevese unha participación de arredor de 120 competidores procedentes de todo o territorio nacional, todos eles clasificados tras pasar previamente por campionatos rexionais ou interrexionais, ou competicións de gran nivel que en anos anteriores xa gañaron ou fixeron podio en campionatos nacionais e internacionais. Deste campionato sairán, dos gañadores absolutos de cada categoría, os competidores que obterán unha praza para representar á Selección Nacional AEFF no Campionato Internacional Ms & Mr Universo, que se celebrará os vindeiros 23, 24 e 25 de novembro na cidade de Hamburgo (Alemaña).