A formación impartirase no Salón Peña do 31 de marzo ao 8 de abril
O Concello de Cambados acollerá un curso da Universidade de Santiago de Compostela destinado á poboación de máis de 50 anos, enmarcado no seu programa Universitario de Maiores IV Ciclo “Democratización do Coñecemento”.
O obxectivo da formación é difundir o coñecemento científico e artístico entre ese tramo poboacional con metodoloxía participativa en sesións teóricas -de conferencias e seminarios- e outras prácticas con actividades ineractivas, visitas guiadas ou obradoiros.
O curso impartirase no Salón José Peña do 31 de marzo ao 8 de abril con temáticas tan diversas como Introducción á Criminoloxía, O novo Reto Socioeconómico e o Gótico Mariñeiro.
Serán, respectivamente, Ana Moure, Gumersindo Feijoo e Victoriano Nodar os docentes responsables de cada unha das formacións.
Ana Moure é Graduada en Criminoloxía e Política. Investigadora da Facultade de Políticas e Profesora do Programa Universitario de Maiores, da USC.
Gumersindo Feijoo Costa é Catedrático de Enxeñaría Química da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela e Vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC.
Por último, Victoriano Nodar Fernández é profesor Colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.
As persoas interesadas en formar parte do alumnado poden inscribirse a partir deste luns día 7 de marzo a través da web municipal ou de xeito presencial na oficina de recadación do Concello, situada no primeiro andar.
O período de inscripción quedará pechado en canto se cubran o número de prazas dispoñibles (máximo 50).