CAMBADOS ACOLLE UNHA CONFERENCIA SOBRE A RENTABILIDADE EMPRESARIAL A TRAVES DO CAPITAL HUMANO

CAMBADOS ACOLLE UNHA CONFERENCIA SOBRE A RENTABILIDADE EMPRESARIAL A TRAVES DO CAPITAL HUMANO

A conferencia de Philippe Vieira titulada “Humanizar é progresar: o método dos 3 pasos” terá lugar o vindeiro 13 de febreiro ás 20.30 horas en Exposalnés

A Concellaría de Economía e Facenda do Concello de Cambados acolle e organiza, xunto con Progreso Humano Integral, a conferencia de Philippe Vieira titulada “Humanizar é progresar: o método dos 3 pasos”.

Trátase dunha charla sobre rentabilidade empresarial a través do capital humano e sobre as claves para favorecer o progreso económico de cada empresa potenciando dun xeito real o chamado ‘valor do humano’.

Este evento terá lugar o vindeiro 13 de febreiro ás 20.30 horas en Exposalnés, no salón de actos do edificio. A entrada ao mesmo será libre e de balde ata completar aforamento.

Para participar como público pódese confirmar asistencia no correo: economia@cambados.es e no correo:  info@phiprogresohumano.com

Progreso Humano Integral, PHI

Philippe Vieira, director de PHI PROGRESO HUMANO, ten unha longa experiencia no mundo empresarial. Fixo principalmente a súa carreira en París. Iniciou o seu percorrido como Director no mundo tecnolóxico das Telecomunicacións e Radiocomunicacións, durante 10 anos.

A partir do ano 2000, fórmase en Recursos Humanos, Xestión de Empresas e Análise Financeira e comeza a desenvolver o seu labor como Director de Axencias de Recursos Humanos e Traballo Temporal. Logo disto, a súa traxectoria oriéntase cara á xestión de empresas no mundo da produción en Artes Gráficas e Publicidade durante 12 anos sendo Director Xeneral.

A continuación, en España, foi director, profesor e técnico deportivo en clubs de equitación. Simultaneamente, organizando e aplicando terapias integradoras no ámbito da Discapacidade cognito-física.

É a partir do 2002 cando Philippe empeza a desenvolver un interese particular pola Filosofía Humanista aplicada ao mundo empresarial, laboral e en todo tipo de Relacións Humanas. Froito de toda estas múltiples experiencias en 2019, crea “PHI” e dirixe este movemento coa finalidade de aumentar a productividad e a rentabilidad nas empresas a través do valor do Humano.

PHI é unha consultora de empresas e institucións especializada en Relacións Humanas, Recursos Humanos e asesoramento integral en organizacións. Actualmente, atópanse desenvolvendo unha campaña cos concellos de Galicia, dirixida aos empresarios de cada municipio para promover e desenvolver a economía local, construíndo unha ética e filosofía humanista empresarial como base dunha estratexia efectiva, clave imprescindible para o éxito de hoxe en día e conseguir achegar un factor diferencial aos mercados, xa sexa local, nacional ou internacionalmente.