O Concello de Cambados ven de recibir o Certificado de Concello Emprendedor como resultado do cumprimento do Protocolo entre a Xunta e a Fegamp para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a iniciativa ” Concellos Doing Business Galicia”
Entre os requisitos estaban a aprobación dunha bonificación de ata o 95% no IBI, ICIO, e no IAE, e a non suxeción ás taxas urbanísticas e de apertura de establecementos para a creación dunha nova actividade industrial ou empresarial.
A contraprestación será unha discriminación positiva en canto ás subvencións en réxime de concorrencia competitiva para os Concellos, como o de Cambados, que obteñan este recoñecemento. Ademáis da creación dunha marca territorial a través da Oficina Doing Business que vai supoñer unha redución nas cargas administrativas ás empresas.
Cambados recibe o certificado de Concello Emprendedor
Deixa unha resposta Cancelar a resposta
Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.
Últimas novas

CAMBADOS ORGANIZA UN CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA
2 Febreiro, 2023
As concellerías de Sanidade e de Servizos Sociais

OS REIS MAGOS CONTESTAN A TUA CARTA POR VÍDEO
27 Decembro, 2022
1-Podes descargar a plantilla da carta na páxina