O venres 23 de novembro, dentro da programación que este concello pon en marcha con motivo do 25 de novembro (día internacional contra a violencia de xénero), terá lugar en Exposalnés o café coloquio “mulleres diversas!” que organiza a concellaría de igualdade.
Será ás 19:00, con entrada de balde.