BÚSCANSE PERSOAS DISPOSTAS A COLABORAR NA ATENCIÓN A REFUXIADOS

A Federación Española de Municipios e Provincias, co fin de contribuír a articular a resposta coordinada das Entidades Locais á crise humanitaria que están sufrindo os refuxiados, ven de crear a Oficina de Coordinación Municipal de Axuda ao Refuxiado, que nace con vocación de resultar útil ás entidades locais na súa resposta solidaria a quenes a están padecendo.

Para colaborar con esta oficina, o Concello de Cambados pídelle a aquelas persoas que estean dispostas a colaborar que se poñan en contacto con nós a través do email alcaldia@cambados.es para así coñecer os recursos, tanto humanos como materias dos que podemos dispoñer, e actuar da forma máis coordinada posible entre as distintas administracións.

O ofrecemento pode incluír todo aquelo que os  voluntarios consideren oportuno, tanto para a fase de acollida como para a de apoio á integración, e, entre outros:

  • Aloxamento
  • Manutención
  • Asistencia xurídica
  • Asistencia psicolóxica
  • Atención social e asesoramento
  • Acompañamento a centros escolares, sanitarios e sociais públicos
  • Aprendizaxe do idioma e habilidades sociais básicas
  • Asistencia en trámites administrativos
  • Orientación e intermediación para a formación profesional e a inserción laboral
  • Axudas económicas directas para axudarlles a afrontar os seus gastos de primeira necesidade

A información facilitada ao Concello será só coñecida polos servizos da FEMP que a recabarán para elaborar un inventario de tódolos recursos municipais dispoñibles para facerllos chegar ao Ministerio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.