BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL EN OFICINAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra convoca 13 bolsas de práctica laboral en oficinas e puntos de información turística da provincia de Pontevedra para o ano 2017, destinadas a persoas graduadas ou diplomadas en Turismo, técnicas ou técnicos superiores en Información e Comercialización Turísticas e técnicas ou técnicos superiores en Guía, Información e Asistencias Turísticas, coa finalidade de promover e completar a súa formación realizando labores de información turística, entre outros, desde o 15 de xuño ata o 14 de outubro de 2017, nas seguintes oficinas de turismo:

Caldas de Reis (1), Cambados (2), Cangas (1), Cuntis (1), Lalín (1), Mosteiro da Armenteira (Meis) (1), O Grove (1), Ponte Caldelas (1), Sede de Turismo Rías Baixas (Pontevedra) (1), Sanxenxo (1), Silleda (1), Castelo de Soutomaior (1)

Podes consultar a información e as bases no arquivo adxunto.


Descargar: CONVOCATORIA TURISMO.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.