BEST BOY ACTUARÁ O 4 DE AGOSTO (VENRES) NA FESTA DO ALBARIÑO

BEST BOY ACTUARÁ O 4 DE AGOSTO (VENRES) NA FESTA DO ALBARIÑO

BEST BOY é o nome da banda liderada por Ángel Sánchez e Lucas Fernández.

Chegan desde Tui e estanse a converter na banda revelación  despois das súas exitosas aparicións no Festival Sin Sal, Festival da Luz, Mercado da Estrela, Festa Demoscópica Mondo Sonoro, Lapso 2015, Atlantic Fest …

Influezas? pois … todas. Desde o blue grass ao funk máis clásico, desde o soul da motown ata o rock sureño, o pop, o jazz … é o que ten ser unha banda “fronteiriza” (Tui).

Best Boy encóntranse cómodos en calquera formato … desde un pequeno concerto acústico, íntimo, para uns poucos amigos … ata un gran festival onde sexa necesaria a enerxía e a comunicación con grandes audiencias.

“Cross the border” é o título do seu primeiro Cd. Unha xoia por descubrir …

Ademais, nos próximos meses verá a luz o seu novo álbum en directo … así que atentos …