BASES REGULADORAS DE CONCESIÓN DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2016/2017

A Xunta de Goberno Local do Concello de Cambados en sesión do 11.08.2016, acordou aprobar as Bases reguladoras para a concesión de axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar para alumnos de centros docentes públicos de educación primaria e secundaria do Concello de Cambados, para o curso 2016/2017, na súa consecuencia, e en cumprimento do disposto polo artigo 70.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, faise público o seu texto íntegro que é do seguinte tenor literal:

 

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNOS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA DO CONCELLO DE CAMBADOS, CURSO 2016/2017.

 

1. OBXECTO DA SUBVENCIÓN

É obxecto destas bases establecer un réxime compensatorio de carácter social destinado a colectivos con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización dos membros da familia.

Subvencionase a través deste procedementos a adquisición de libros de texto e material escolar de educación primaria e secundaria para alumnos matriculados en centros docentes públicos con enderezo en Cambados, para o curso 2016-2017.

Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, de conformidade co disposto na Lei 38/2003 de 17 de novembro  Xeral de Subvencións, no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e  nos artigos 25 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

 

2.- CRÉDITO ORZAMENTARIO E CONTÍA

1.- Para o financiamento deste programa de axudas establécese crédito en contía máxima de 18.000,00 euros na aplicación 320.481.00 do Orzamento do Concello de Cambados para o exercicio 2016.

2.- A determinación da contía individualizada de cada subvención resultará da puntuación obtida tras a aplicación dos criterios establecidos na base sexta e do número de solicitudes. O importe máximo da axuda será de 120 € para aqueles solicitantes que obteñan a maior puntuación, distribuíndose os importes restantes en función da puntuación obtida, ata esgotar o crédito asignado ó proxecto. Cando o número de solicitudes aceptadas non esgote ó crédito máximo previsto, poderase outorgar a cantidade máxima a cada unha delas, se así se motiva.

3.- En ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo do obxecto da subvención. Para ese efecto os solicitantes deberán declarar todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo obxecto, no momento da solicitude ou en calquera outro da vixencia do expediente en que se produza.

4.- As presentes axudas serán compatibles con outras axudas que puideran percibirse para a mesma finalidade doutras Administracións públicas. No obstante, serán incompatibles coas axudas por estudios establecidas no Convenio Colectivo do persoal laboral e no Acordo Regulador do persoal funcionario, para os familiares de todo o persoal do Concello de Cambados, polo que os fillos do persoal municipal non poderán concorrer a convocatoria prevista nestas bases.

 

3.- BENEFICIARIOS

1.- Poderán solicitar ditas axudas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

1º.- Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado  no curso 2016/2017 en centros docentes públicos (non concertados) do Concello de Cambados, incluídos alumnos de Oubiña matriculados no colexio de Tremoedo  nos niveis de:

– Educación Primaria de 6 a 12 anos.

– Educación Secundaria Obrigatoria de 12 a 16 anos.

2º.- A unidade familiar deberá estar empadroada en Cambados.

3º.- Pertencer á unidade familiar con ingresos anuais: (parte xeral da base impoñible previa a aplicación do mínimo persoal e familiar) non superiores á suma de 15.000 euros netos na parte xeral e a parte do aforro da base impoñible (previa a aplicación do mínimo persoal e familiar) non superiores á suma de 300 euros netos, non superiores os 30.000 € de ingresos anuais en caso de ter unha actividade económica.

2.- Así mesmo deberán cumprir os seguintes requisitos:

– Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de  Cambados.

– Estar ó corrente das obrigas tributarias co Concello de Cambados.

– Non estar incursos en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13 Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

 

4.- DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE

1.- As solicitudes para tomar parte na convocatoria deberán presentarse segundo o formulario que se adxunta como Anexo I, debendo axuntar os seguintes documentos:

1º.-  Fotocopia do libro de familia. No caso de familias estranxeiras que non dispoñan do libro de familia, deberán aportar a documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar e as súas datas de nacemento: partida de nacemento etc…

.- Fotocopia do DNI do solicitante.

3º.- Fotocopia ou resgardo da matrícula para o curso 2016/2017

4º.- Fotocopia do I.R.P.F de tódolos membros da unidade familiar obrigados a presentala declaración da renda, ou certificación da Delegación de Facenda de estar exentos da mesma.

No caso de exención legal de efectuar dita declaración, os ingresos xustificaranse coa seguinte documentación:

a)      Para pensionistas: Xustificante de pensión mensual do ano 2015.

b)      Para demandantes de emprego: Certificado das prestacións do INEM correspondente ó ano 2015 e fotocopia tarxeta demanda de emprego.

c)      Para perceptores da RISGA: Aportarán o xustificante da contía mensual que percibe.

d)     Para traballadores en activo non obrigados a presentar declaración da renda:

– Traballadores por conta allea: fotocopias da nóminas do 2015.

– En caso de empeoramento da situación familiar, fotocopias das nóminas do primeiro semestre do 2016.

– Traballadores autónomos:  Declaracións trimestrais de 2015-2016.

Nos supostos en que exista imposibilidade de documentar determinadas situacións de carencia económica, esta deberá acreditarse mediante declaración xurada dos interesados.

.- Acreditación da titularidade da conta bancaria onde se deberá transferir o importe da subvención que puidera concederse (con código IBAN).

6º.- Volante de convivencia.

7º.– Se procede, copia do certificado ou copia da tarxeta acreditativa de minusvalía igual ou superior ó 33%  dalgún membro da unidade familiar (solicitante, padres ou irmás).

2.- No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable aquel que non conviva co causante. Non obstante, se é o caso, terá a consideración de membro computable o novo cónxuge ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluíranse dentro do cómputo da renda familiar.

No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos proxenitores incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

3.- A falsidade ou ocultación de datos determinará, sen prexuízo de que o Concello exercite as accións oportunas contra os responsables, a exclusión deles de futuras convocatorias de bolsas municipais.

4.- Todos os documentos deberán ser orixinais ou copias debidamente compulsadas.

 

5.- PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1.- As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e con posterioridade remitiráselle a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto.

2.- As persoas interesadas poderán solicita-las subvencións no prazo de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

 

6.- BAREMO

A estimación de méritos dos solicitantes efectuarase segundo os criterios do seguinte baremo:

a) Ingresos familiares.- Tómase como ingreso familiar a base impoñible da declaración do I.R.P.F do exercicio 2015 dos pais ou titores cos que conviva o alumno, ponderándose do seguinte xeito:

-Ingresos netos, ata 9.000 euros (2 puntos)

-De 9.001 euros ata 15.000 euros  (1 punto)

Os peticionarios con ingresos superiores a 15.000 euros netos  non terán dereito á axuda.

b) Nº de membros da unidade familiar (irmás menores de 18 anos).- Por cada irmá menor de 18 anos: 0,25 puntos.

c) Condicións  familiares do solicitante.-

-Pertencer a familia na que algún dos membros (pais o irmáns) esté afectado de minusvalía legalmente calificada  (0,50 puntos).

d)Xustificación de aluguer de vivenda ou amortización do préstamo bancario para a amortización da mesma (ano 2015)  0,50 puntos.

 

7.- PROCEDEMENTO E ADXUDICACIÓN

1.- Unha vez rematado o prazo previsto na cláusula quinta, as solicitudes se remitirán ó responsable  do  departamento de Cultura, o cal deberá comprobar que os solicitantes presentan correctamente tódolos documentos esixidos e cumpren as condicións impostas para poder adquirir a condición de beneficiario.

As solicitudes que incumpran os requisitos documentais sinalados no apartado cuarto destas bases, non se admitirán a trámite, sen prexuízo da aplicación do artigo 71 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e de Procedemento Administrativo Común, para a subsanación e mellora da solicitude: “Si a solicitude non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior, requirirase ó interesado para que , nun prazo de dez días subsane a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixera así, se lle terá desistido da súa petición, previa resolución.”

Sobre estes extremos, e a maior brevidade posible, emitirá un informe no que conste  unha proposta de resolución motivando os criterios de reparto.

O expediente e a proposta de resolución someterase a coñecemento da Comisión informativa correspondente, que emitirá o dictame que considere procedente.

Á vista  da proposta de resolución e do dictame da Comisión informativa correspondente, a  Xunta de Goberno Local acordará o reparto definitivo das axudas mediante acordo motivado, atendendo ós criterios anteriormente sinalados.

2.- O acordo de resolución das subvencións será notificado ós solicitantes. Así mesmo será publicado no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia do Concello. Do mesmo daráselle traslado á Base de Datos Nacional de Subvencións.

3.- O acto de resolución da subvención esgota a vía administrativa. De acordo co que dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra a resolución poderase interpoñerr un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ao da recepción da notificación, nos termos recollidos na lexislación vixente.

 

8.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

1.- Ata o día 15 de novembro (inclusive), os beneficiarios das axudas deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello, segundo o Anexo II, e por importe igual ou superior á contía da axuda outorgada, as facturas ou outros documentos xustificativos dos gastos ocasionados no curso 2016/2017, procedentes da adquisición de libros de texto e material escolar.

As facturas xustificativas dos gastos efectuados, deberán estar  expedidos ó nome do solicitante, ser orixinais ou fotocopias compulsadas, e estar datadas no período  para o que se concede a axuda. As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos para a súa expedición no R.D 1496/2003. Asemade, con todas elas se deberá achegar xustificante de cargo bancario ou xustificante inequívoco de que a factura presentada foi pagada (palabra específica “pagado”).

Deberá presentar ademais o Anexo III “Declaración responsable”.

2.- De non presentala xustificación dentro do prazo establecido nestas bases  entenderase que desiste da súa petición. No caso de que a xustificación presentada se estime insuficiente, o Concello requirirá o beneficiario no prazo de 10 días naturais, para que subsane os defectos apreciados. Si transcorrido dito prazo, non se producira a subsanación requirida, tal feito ocasionará a revogación da axuda e, en consecuencia o impago da mesma.

3.- Unha vez xustificada correctamente a subvención e aprobada polo órgano competente, a cantidade concedida ingresarase na conta corrente indicada polo solicitante.

 

9.- CONTROL DA SUBVENCIÓN

Os beneficiarios das subvencións quedarán sometidos ás responsabilidades e réxime sancionador establecido na  Lei Xeral de Subvencións 38/2003, no seu Regulamento 887/2006, na Lei Xeral Presupostaria 47/2003, e demais normas concordantes, isto é, na Lei Orgánica 2/1982, de 12 de maio, do Tribunal de Contas e Lei Ordinaria do Consello de Contas de Galicia.


Descargar: BASES AXUDAS ESTUDOS 2016.pdf