BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015/2016

INFORMACIÓN E SOLICITUDE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CAMBADOS

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 20.07.2015, acordou aprobar as Bases reguladoras para a concesión de axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar para alumnos de centros docentes públicos de educación primaria e secundaria do Concello de Cambados, para o curso 2015/2016, na súa consecuencia, e en cumprimento do disposto polo artigo 70.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, faise público o seu texto íntegro que é do seguinte tenor literal:

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNOS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA DO CONCELLO DE CAMBADOS, CURSO 2015/2016.

Primeira.—OBXECTO

É obxecto destas bases establecer un réxime compensatorio de carácter social destinado a colectivos con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización dos membros da familia.

Subvencionase a través deste procedementos a adquisición de libros de texto e material escolar de educación primaria e secundaria para alumnos matriculados en centros docentes públicos con enderezo en Cambados, para o curso 2015-2016.

Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, de conformidade co disposto na Lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións, no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e nos artigos 25 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

Segunda.—FINANCIAMENTO

Para o financiamento deste programa de axudas establécese crédito en contía máxima de 12.000,00 euros na aplicación 320.481.00 do Orzamento do Concello de Cambados para o exercicio 2015.

O importe máximo da axuda será de 120 € para aqueles solicitantes que obteñan a maior puntuación, distribuíndose os importes restantes en función da puntuación obtida, ata esgotar o crédito asignado ó proxecto. Cando o número de solicitudes aceptadas non esgote ó crédito máximo previsto, poderase outorgar a cantidade máxima a cada unha delas, se así se motiva.

Terceira.—BENEFICIARIOS

Poderán solicitar ditas axudas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

1º.—Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado no curso 2015/2016 en centros docentes públicos (non concertados) do Concello de Cambados, incluídos alumnos de Oubiña matriculados no colexio de Tremoedo nos niveis de:

• Educación Primaria……………………………………………………………………. de 6 a 12 anos.

• Educación Secundaria Obrigatoria…………………………………………….. de 12 a 16 anos.

2º.—A unidade familiar deberá estar empadroada en Cambados.

3º.—Pertencer á unidade familiar con ingresos anuais: (parte xeral da base impoñible previa a aplicación do mínimo persoal e familiar) non superiores á suma de 15.000 euros netos e a parte do aforro da base impoñible previa a aplicación do mínimo persoal e familiar) non superiores á suma de 300 euros netos.

4º.—As presentes axudas serán incompatibles con calquera outra axuda que puidera percibirse para a mesma finalidade doutras Administracións públicas. Ademais, serán incompatible coas axudas por estudios establecidas no Convenio Colectivo do persoal laboral e no Acordo Regulador do persoal funcionario, para os familiares de todo o persoal do Concello de Cambados, polo que os fillos do persoal municipal non poderán concorrer a convocatoria prevista nestas bases.

Cuarta.—SOLICITUDES

As solicitudes para tomar parte no concurso deberán presentarse segundo o formulario que se adxunta como Anexo I, no Rexistro do Concello de Cambados en horario de maña (de 8:30 a 14:30 horas), no prazo dos trinta días seguintes naturais, contados a partir do día seguinte a súa publicación no BOP, debendo axuntar os seguintes documentos:

1º.—Fotocopia do libro de familia. No caso de familias estranxeiras que non dispoñan do libro de familia, deberán aportar a documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar e as súas datas de nacemento: partida de nacemento etc…

2º.—Fotocopia do DNI do solicitante.

3º.—Fotocopia ou resgardo da matrícula para o curso 2015/2016

4º.—Fotocopia do I.R.P.F de tódolos membros da unidade familiar obrigados a presentala declaración da renda, ou certificación da Delegación de Facenda de estar exentos da mesma.

No caso de exención legal de efectuar dita declaración, os ingresos xustificaranse coa seguinte documentación:

a) Para pensionistas: Xustificante de pensión mensual do ano 2014.

b) Para demandantes de emprego: Certificado das prestacións do INEM correspondente ó ano 2014 e fotocopia tarxeta demanda de emprego.

c) Para perceptores da RISGA: Aportarán o xustificante da contía mensual que percibe.

d) Para traballadores en activo non obrigados a presentar declaración da renda:

— Traballadores por conta allea: fotocopias da nóminas do 2014.

— En caso de empeoramento da situación familiar, fotocopias das nóminas do primeiro semestre do 2015.

— Traballadores autónomos: Declaracións trimestrais de 2014-2015.

Nos supostos en que exista imposibilidade de documentar determinadas situacións de carencia económica, esta deberá acreditarse mediante declaración xurada dos interesados.

5º.—Acreditación da titularidade da conta bancaria onde se deberá transferir o importe da subvención que puidera concederse (con código IBAN).

6º.—Volante de convivencia.

7º.—Se procede, copia do certificado ou copia da tarxeta acreditativa de minusvalía igual ou superior ó 33% dalgún membro da unidade familiar (solicitante, padres ou irmás).

No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable aquel que non conviva co causante. Non obstante, se é o caso, terá a consideración de membro computable o novo cónxuge ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluíranse dentro do cómputo da renda familiar.

No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos proxenitores incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

A falsidade ou ocultación de datos determinará, sen prexuízo de que o Concello exercite as accións oportunas contra os responsables, a exclusión deles de futuras convocatorias de bolsas municipais.

Todos os documentos deberán ser orixinais ou copias debidamente compulsadas.

Quinta.—BAREMO

A estimación de méritos dos solicitantes efectuarase segundo os criterios do seguinte baremo:

a) Ingresos familiares.—Tómase como ingreso familiar a base impoñible da declaración do I.R.P.F do exercicio 2014 dos pais ou titores cos que conviva o alumno, ponderándose do seguinte xeito:

— Ingresos netos, ata 9.000 euros (2 puntos)

— De 9.001 euros ata 15.000 euros (1 punto)

Os peticionarios con ingresos superiores a 15.000 euros netos non terán dereito á axuda.

b) Nº de membros da unidade familiar (irmás menores de 18 anos).—Por cada irmá menor de 18 anos: 0,25 puntos.

c) Condicións familiares do solicitante.

— Pertencer a familia na que algún dos membros (pais o irmáns) esté afectado de minusvalía legalmente calificada (0,50 puntos).

d)Xustificación de aluguer de vivenda ou amortización do préstamo bancario para a amortización da mesma (ano 2014).—0,50 puntos.

Sexta.—PROCEDEMENTO E ADXUDICACIÓN

Unha vez rematado o prazo previsto na cláusula cuarta, as solicitudes se remitirán ó responsable do departamento de Cultura, o cal deberá comprobar que os solicitantes presentan correctamente tódolos documentos esixidos e cumpren as condicións impostas para poder adquirir a condición de beneficiario.

As solicitudes que incumpran os requisitos documentais sinalados no apartado terceiro destas bases, non se admitirán a trámite, sen prexuízo da aplicación do artigo 71 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e de Procedemento Administrativo Común, para a subsanación e mellora da solicitude: “Si a solicitude non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior, requirirase ó interesado para que , nun prazo de dez días subsane a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixera así, se lle terá desistido da súa petición, previa resolución.”

Sobre estes extremos, e a maior brevidade posible, emitirá un informe no que conste unha proposta de resolución motivando os criterios de reparto.

O expediente e a proposta de resolución someterase a coñecemento da Comisión informativa correspondente, que emitirá o dictame que considere procedente.

Á vista da proposta de resolución e do dictame da Comisión informativa correspondente, a Xunta de Goberno Local acordará o reparto definitivo das axudas, mediante acordo motivado, atendendo ós criterios anteriormente sinalados.

A resolución de concesión das axudas será publicada no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais lles será notificada ós interesados, e no caso de silencio administrativo entenderanse as solicitudes como desestimadas. A resolución porá fin a vía administrativa podendo os interesados interpoñer o recurso potestativo de reposición, ou no seu caso, recurso contencioso-administrativo nos termos recollidos na lexislación vixente.

Sétima.—XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

Ata o día 15 de novembro (inclusive), os beneficiarios das axudas deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello, segundo o Anexo II, e por importe igual ou superior á contía da axuda outorgada, as facturas ou outros documentos xustificativos dos gastos ocasionados no curso 2015/2016, procedentes da adquisición de libros de texto e material escolar.

As facturas xustificativas dos gastos efectuados, deberán estar expedidos ó nome do solicitante, ser orixinais ou fotocopias compulsadas, e estar datadas no período para o que se concede a axuda. As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos para a súa expedición no R.D 1496/2003. Asemade, con todas elas se deberá achegar xustificante de cargo bancario ou xustificante inequívoco de que a factura presentada foi pagada (palabra específica “pagado”).

Deberá presentar ademais, o Anexo III relativo á declaración xurada de non ter percibido outras axudas para a mesma finalidade.

De non presentala xustificación dentro do prazo establecido nestas bases entenderase que desiste da súa petición. No caso de que a xustificación presentada se estime insuficiente, o Concello requirirá o beneficiario no prazo de 10 días naturais, para que subsane os defectos apreciados. Si transcorrido dito prazo, non se producira a subsanación requirida, tal feito ocasionará a revogación da axuda e, en consecuencia o impago da mesma.

Oitava.—INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Os beneficiarios das axudas quedarán sometidos ás responsabilidades e réxime sancionador establecido na Lei Xeral de Subvencións 38/2003, no seu Regulamento 887/2006, na Lei Xeral Presupostaria 47/2003, e demais normas concordantes, isto é, na Lei Orgánica 2/1982, de 12 de maio, do Tribunal de Contas e Lei Ordinaria do Consello de Contas de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.