Dende a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Cambados comunicamos a existencia dunha nova axuda económica para o pago da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, consistente nunha cantidade fixa semestral de 90€ para unidades de convivencia que cumpran os requisitos e de 150€ para as que acrediten ser ademais familia numerosa.
O prazo de presentación da solicitude conclúe o 15 de setembro de 2015 e débense cumprir entre outros os seguintes requisitos:
- Ter fillos menores de 18 anos a cargo.
- Estar aboando a factura eléctrica.
- Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superaran os 9.585,19€ no ano 2013 (798,76€ mes).
Informar ademais da existencia da exención no canon da auga e no coeficiente de vertedura por estar en situación de exclusión social cumprindo entre outros os seguintes requisitos:
- Os ingresos totais da unidade de convivencia non superarán os 6.390,13€ o ano (532,51€/mes)
- O titular do contrato debe estar empadroado no enderezo para o que solicita bonificación.
Para mais información poñerse en contacto cos Servizos Sociais municipais sitos no nº8 da rúa Ourense, 3º andar, telf.:986520510 solicitando cita para tramitar a solicitude.