Aviso da dirección xeral de emerxencias e interior dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia

Aviso da dirección xeral de emerxencias e interior dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia

Tipoloxía: tormentas

Nivel de alerta: amarelo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín 191/71 GAL de hoxe, dun fenómeno meteorolóxico adverso por TORMENTAS de nivel AMARELO que afectará a A Coruña (Oeste, Interior, Suroeste), Lugo (Centro, Montaña, Sur), Ourense (Noroeste, Miño) e Pontevedra.

A previsión de comezo será sobre ás 12,00 horas do día 23/05/2018, e a finalización a partir das 18,00 horas do mesmo día. Prevense choivas localmente fortes e/ou ventos localmente fortes e/ou sarabia inferior ós 2 cm. Dado o carácter destes fenómenos existe a posibilidade de que se poidan producir tormentas de intensidade superior de forma puntual.

POLO QUE A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR COMUNÍCALLES QUE, EN PREVISIÓN DESTES FEITOS: Adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e no seu caso ALERTEN ou MOBILICEN ós medios e recursos dispoñibles.

Ante calquera emerxencia chame ó 112

No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO

EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET:

www.axega112.gale de Meteogalicia: www.meteogalicia.es

Adxuntos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.