AUTORIZACIÓNS ESPECIAIS DE SERVIZO DE TAXI

Domingo 2 de agosto de 2.015 – “FESTA DO ALBARIÑO”

 

A área de Mobilidade do Concello de Cambados, en coordinación con outros departamentos (Cultura, Seguridade Cidadá,…) ven de dispoñer dun amplo dispositivo técnico e humano que garanta o normal desenvolvemento da “LXIII Festas do Viño Albariño 2015”.

Con tal motivo, e vista a necesidade de reforzar o servizo de Taxi deste Concello o domingo día 2 de agosto, é polo que vanse conceder CORENTA (40) AUTORIZACIÓNS ESPECIAIS, a titulares de licenza de taxi que conten cos preceptivos permisos administrativos que os faculten para o desenvolvemento do referido servizo.

As autorizacións concederánse única e exclusivamente para o horario comprendido entre as 03’00 a.m. e as 09’00 a.m. do día 2 de agosto de 2.015, e por rigurosa orde de presentación de solicitudes ata completar o número indicado.

Os profesionais interesados deberán presentar a correspondente solicitude no REXISTRO XERAL DO CONCELLO DE CAMBADOS, a partir do mércores día 29 de xullo, inclusive, en horario de 8’30 a 14’30 horas, acreditando ademáis, que se atopan en posesión do “Contrato Oficial”, conforme ó artigo 20 da Lei 6/1996, de 9 de xullo.

A lista de prezos estipulados para a presente edición é a seguinte:

Saída mínima: 8 €
Castrelo – Hotel Cruceiro 10 € Portonovo 30 €
Oubiña 12 € O Grove 35 €
Pontearnelas 15 € San Vicente do Mar 40 €
O Terrón (Vilanova) 15 € Dena (Meaño) 15 €
Vilanova de Arousa 15 € Vilaxoan 20 €
As Sinas (Vilanova) 20 € Pontevedra 45 €
A Illa de Arousa 20 € Catoira 35 €
Vilagarcía de Arousa – Centro 20 € Barrantes (Ribadumia) 12 €
Sanxenxo 30€ Caldas de Reis 35 €

 

O que se fai público para xeral coñecemento

Cambados, a 27 de xullo de 2.015

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.