A EXCURSIÓN A ONS PARA MAIORES DE 60 ANOS ADÍASE AO DÍA 14

A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, dirixida por Tino Cordal, organiza una excursión gratuíta a Ons para maiores de 60 anos. A excursión estaba prevista para este xoves 7 pero debido ás condicións meteorolóxicas adíase ata o vindeiro 14 de xuño. O Concello alugou con esa finalidade un catamarán que sairá do […]

CURSO SOBRE O NOVO REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS

O pasado 25 de maio entrou en vigor o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). Trátase dunha nova regulación de ámbito europeo do tratamento dos datos que manexan as empresas e que, entre outras novidades, contempla multas que poderían chegar ata o 4% do volume de negocio anual da empresa. Por elo, desde o […]

“CAMBADOS EMPRENDE”, NOVA PROGRAMACIÓN FORMATIVA PARA EMPRENDEDORES.

O Concello de Cambados, en colaboración coa Asociación Zona Centro, pon en marcha unha nova iniciativa destinada aos emprendedores. Baixo o nome de “Cambados Emprende” ábrese unha programación formativa, cuxa primeira parte desenvolverase nos meses de maio e xuño Unha das accións formativas será un Curso de Escaparatismo, con asistencia personalizada nas tendas, que impartirá […]

DA ESCOLA AO MERCADO

O mercado ambulante de Cambados tivo está mañá uns postos moi especiais: un grupo de nenos de entre 5º curso do colexio Antonio Magariños que crearon a súas propias cooperativas acudiron a vender os seus produtos ao mercado dos mércores. Os alumnos montaron dous postos. Sobre eles, despregaron a súa variada mercadoría, na que abundaban […]

CAMBADOS PRESENTA A LUDOTECA DE VÉRAN

O Concello ten previsto abrir o prazo de inscrición, dende o vindeiro luns 21 de maio ata o venres 8 de xuño, para todas aquelas familias que desexen acollerse á ludoteca de verán que se vai poñer en marcha, como servizo de apoio á conciliación da vida familiar coa laboral. A ludoteca funcionará dende o […]

O Concello de Cambados e Viaqua aúnan esforzos por un fin social e sustentable

O Concello de Cambados, xunto á empresa xestora do Ciclo Integral da auga, Viaqua, poñen en marcha o proxecto “Factura Sen Papel”, unha iniciativa coa que se busca por unha banda, facilitar o día a día nas xestións aos cidadáns de Cambados e por outra, facer o servizo máis sustentable e socialmente responsable.

EXCURSIÓN A ONS E SÁLVORA PARA OS MAIORES CAMBADESES

A concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade que dirixe Tino Cordal está a organizar unha excursión marítima gratuíta ás illas Ons e Sálvora. A viaxe realizarase, en principio, o vindeiro 7 de xuño, aínda que é posible que a data sexa modificada en caso de que as condicións meteorolóxicas motiven un cambio de […]

Fotografías, teatro e charlas para concienciar sobre a situación das persoas refuxiadas en Cambados

Cambados acollerá a partir do vindeiro martes 8 unha exposición fotográfica, con posterior charla do seu autor o mércores 16, que se desenvolverán no IES Francisco Asorei, e mais un espectáculo teatral para concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas no Auditorio Municipal da Xuventude o venres 11. As actividades están organizadas pola Concellería […]

IV Festival dos Demos da Petaca a prol de GaliciAME no Auditorio Municipal de Cambados o 14 de abril

As entradas teñen un prezo de 6 euros e pódense adquirir na oficina de turismo de ExpoSalnés, no bar Mans de Gaiteiro e o mesmo día do festival no propio Auditorio da Xuventude de Cambados.