III Mostra Internacional da Camelia no Salón Peña

Un ano máis celebramos a Mostra Internacional da Camelia en Cambados, este ano xa na terceira edición. O Concello de Cambados, a Asociación Ibérica da Camelia e a Asociación Zona Centro de Cambados, convidámosvos a todos/as a participar e visitar os días 23 e 24 de marzo o salón de congresos José Peña para promocionar […]

Campionato provincial de taekwondo en idade escolar celebrado o 17 de marzo

O 17 de marzo celebrouse no Complexo Deportivo do Pombal un campionato provincial de taekwondo en idade escolar, nas modalidades técnica e freestyle, coa participación de 250 nenos e nenas da provincia. Adxuntos Taekwondo 4 (8 MB)Taekwondo 5 (9 MB)Taekwondo 6 (8 MB)Taekwondo 7 (9 MB)Taekwondo 8 (5 MB)Taekwondo 9 (4 MB)Taekwondo 10 (7 MB)

Volve Alternatívate con 16 novas actividades

Alternatívate, a proposta de ocio alternativo do Concello de cambados, ven de presentar unha nova quenda de actividades para a mocidade. Estas actividades levaránse a cabo os venres e sábados entre o 15 de marzo e o 11 de maio, con entrada de balde. Para inscribirse e recibir información, ponse a disposición das persoas interesadas […]

Actividades para conmemorar o 8 de marzo

A semana da muller conmemórase en Cambados coas seguintes actividades: – III Fast dates entre mulleres. O 7 de marzo, ás 18:00 en Exposalnés. Trátase dunha iniciativa para o fomento do emprendemento e a búsqueda activa de traballo, consistente en reunións rápidas entre mulleres emprendedoras ou en busca de traballo (inscricións en axente.igualdade@osalnes.com ou no […]

Actividades de igualdade en febreiro e marzo

Febreiro: Venres 22: Campaña de empoderamento en redes sociais #101cambadesas Martes 26: Taller de autoestima (exposalnés, 18h) Mércores 27: III cumio de alcaldesas (auditorio da Xuventude, 10h)   Marzo Xoves 7: III Fast dates entre mulleres emprendedoras (exposalnés, 18h) Venres 8: Almorzo emprendedoras (exposalnés, 10h) Lectura do manifesto (praza do Concello de Cambados, 12h) Proxección […]

Día de Rosalía e programación de entroido na escola de música e o conservatorio

Mañá xoves, a orquestra de cordas da escola de música e conservatorio de Cambados conmemoran o día de Rosalía co concerto músico-poético “ó pasar por Camariñas”, ás 19:30 no vestíbulo do centro. E para celebrar o entroido, adicarase unha semana temática de disfraces de distintas épocas históricas.

Inauguración da exposición “provisionalidad permanente”, de PRACE

O Concello de Cambados comprácese en convidalos á inauguración da exposición de PRACE, grupo de investigación da Universidade de Vigo, que terá lugar o venres, 15 de febreiro, ás 20h. A exposición poderá ser visitada ata o 24 de marzo no espazo de exposicións de Torrado.

Cursos gratuítos para persoas desempregadas

Informamos de dous novos cursos para persoas desempregadas: Producción e transformación de leite ecolóxica en Galicia e Asturias (información en uuaaagroformacion.org, no email formacionfb@unionsagrarias.org ou chamando ao 981530500)   A apicultura ecolóxica en espazos protexidos como fonte de emprego (información en http://asefoga.org, no email formacionfb@asefoga.org ou chamando ao 981530500)   Ambos cursos son impartidos de […]