No seguinte enlace pódese consultar a programación do espazo de exposicións de Torrado durante este 2018: Adxuntos progama folleto torrado 2018 (377 kB)
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín núm. 34/71GAL ás 11:34 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTOS con refachos de ata 120 km/h (S/W, S) que afectará a Coruña (Noroeste, Oeste, Suroeste) e Pontevedra (Rías Baixas, Interior). Comezando nas primeiras horas do sábado día 10 e prolongándose ata a mañá do día […]
A Concellaría de Igualdade de Cambados organiza diversas actividades polo Día Internacional das Mulleres, entre as que cabe destacar a Gala da Muller que se celebrará o día 11 de marzo as 18:00h no Salón de Congresos e Exposicións Jose Peña. O acto será presentado pola escritora e cantante Carmen Pením que acaba de publicar […]
O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante o mes de marzo oito obradoiros ao abeiro do programa “SmartPeme” da Deputación Provincial. “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas […]
Este xoves 8 de marzo, ás 19h no auditorio municipal da Xuventude, con motivo do Día Internacional da Muller, a directora da escola de Música da Illa de Arousa Ana Belén Nieto ofrece una conferencia-concerto titulada “Eu, o trombón!”
A alcaldesa Fátima Abal acompañada por Mónica Novas fixeron a presentación dos actos que se van a celebrar con motivo do Día Internacional das Mulleres, onde Fátima Abal quixo informar a todos e a todas de que este 8 marzo ademais dos actos que se van a celebrar o concello de Cambados fará un parón […]
O vindeiro mércores 7 de marzo, ás 20:30h o Auditorio Municipal da Xuventude acollerá a representación da ópera Rita, de Donizetti, organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Esta ópera cómica, nun acto, so terá 4 funcións en Galicia: Santiago de Compostela, Noia e Cambados. A entrada é libre ata completar aforo.
Un ano máis celebramos a Mostra Internacional da Camelia en Cambados, este ano xa na segunda edición. O Concello de Cambados, a Asociación Ibérica da Camelia e a Asociación Zona Centro de Cambados, convidámosvos a todos/as a participar e visitar os días 3 e 4 de marzo o Salón de Congresos José Peña para promocionar […]
O Concello de Cambados comprácese en convidalos á inauguración da exposición “Conversas Inesperadas”, comisionada por Ana Cancela, que terá lugar o venres, 23 de febreiro, ás 20h. A exposición poderá ser visitada entre o 23 de febreiro e o 1 de abril, de martes a domingo en horario de 17 a 20 horas no Pazo […]