Entre o 15 e o 21 de decembro realizaranse no Auditorio Municipal da Xuventude as audicións de Nadal da escola municipal de música e do conservatorio. Estas audicións realizaranse ás 18 e ás 20 horas.
Emisión en directo do Pleno Ordinario Municipal do concello de Cambados do mes de Novembro de 2017.
DECRETO En uso das atribucións conferidas a esta Alcaldía polo artigo 21.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e demáis preceptos concordantes do Regulamento de Organización, Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro (ROF) e de conformidade co previsto […]
A Deputación Provincial de Pontevedra ven de presentar a súa Guía de Comunicación Inclusiva, así como o seu primeiro regulamento de comunicación inclusiva. Na Deputación de Pontevedra estase implantando a perspectiva de xénero nos procesos de comunicación, tanto nas actuacións administrativas internas e externas coma nas relación coas persoas e as demáis organizacións e institucións. […]
Rematan as charlas sobre a separación e a reciclaxe no CEIP Antonio Magariños coa presenza da Concelleira de Medio Ambiente, Mª José Cacabelos. Esta campaña de sensibilización levouse a cabo en tódolos colexios de educación infantil e primaria do Concello. Foron impartidas por persoal especializado da empresa URBASER, encargada da recollida do lixo. Continuaremos con […]
Cambados recupera as Xornadas de Exaltación da Zamburiña. Tras catro anos de ausencia pola escaseza de capturas, Concello, Asociación de Comerciantes, e Confraría de Pescadores retoman as Xornadas que se celebrarán do 30 de novembro ao 5 de decembro. Dez locais de hostelería participarán na iniciativa coa elaboración de propostas a base de zamburiña que […]
A Sala de Exposicións do Pazo de Torrado acolle entre o 24 de novembro e o 7 de xaneiro, en horario de 17 a 20 horas de martes a domingo a exposición “Silencios Naturais”, de Morquecho. A inauguración terá lugar o sábado 25 ás 20h.
O Salón Peña acollerá o sábado 2 de decembro o festival Albariño Can-Fest, actividade enmarcada dentro da programación de “Cambados Cidade Europea do Viño 2017”, e no que se recadarán fondos para o Refuxio de Animais de Cambados. Este festival contará co seguinte programa: 19:15 Apertura de portas 20:00 – 20:30 Innopiah 20:45 – 21:30 […]
O Centro de Información á Muller da Mancomunidade do Salnés programa unha serie de actividades durante os meses de novembro e decembro, para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero, o 25 de novembro. Estas actividades inclúen a lectura dun manifesto o vindeiro venres 24, ás 12:00 diante do Concello, á cal convidamos […]
Mañá mércores, 22 de novembro, terá lugar no Auditorio Municipal da Xuventude a presentación do libro “Breve historia de Cambados”,de Jacobo Domínguez Pedreira. O acto contará coa participación da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e do deputado de Cultura e Lingua Xosé Leal.