Na asemblea que se celebrou onte en Viana do Castelo e que antecede o Congreso Internacional de Enoturismo que se celebra en Viana do Castelo durante o día de hoxe, foi electa a nova xunta directiva da asociación, que integra o alcalde de Viana do Castelo e o secretario-xeral da Asociación de Municipios Portugueses do Viño, a Asociación ITER VITIS e da Citta Del Vino, o Vicepresidente da AENOTUR da América Latina, o Presidente da ITER VITIS de Francia, a Aenotur do Uruguai e o directo do Instituto Brasileiro do Viño.
Fundada a 7 de maio de 2014 no Municipio de Cambados, contando con promotores de Europa e Latino América, Aneotur esta formada por municipios e entidades xestoras de turismo vinculadas á cultura do viño e promotoras de rutas dos viños. Defende as actividades agrícolas e a sustentabilidade dos recursos para dinamizar o sector vinícola e considera que o patrimonio histórico e etnográfico, que rodea o mundo do viño, merece todos os esforzos necesarios para a súa conservación e divulgación.
Entende que a calidade, o coñecemento, o traballo ben feito e a excelencia son valores que contribúen para dinamizar o sector e para xerar riqueza no territorio e que o viño é un ben cultural e un alimento de alta expresión.A partir de agora, vai ter sede en Viana do Castelo, no edificio do antigo hospital na praza da Herba e que foi onte inaugurado, anticipando o Congreso Internacional de Enoturismo, organizado por AENOTUR en colaboración e co apoio de municipios de Portugal e España.
O Congreso vai realizarse até o sábado nos municipios do norte de Portugal (Viana do Castelo, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Melgaço, Monção) e de España (Cambados), sendo a continuación do 4º Congreso Latino Americano de Enoturismo celebrado en 2014 no Brasil, que estudou a oferta de enoturismo. Este ano, o Congreso vai tratar a procura de enoturismo en Europa, en mercados emerxentes e na internet, con enfoque no Reino Unido, Francia, Alemaña, Brasil, China, Xapón e Rusia.
Os obxectivos do Congreso responden a tres necesidades: facilitar información útil e coñecemento a entidades locais e empresas de enoturismo, para axudar a decidir, promover a súa oferta de enoturismo nos países enfocados; facilitar unha rede de network con especialistas, profesionais e medios de comunicación online moi importantes para o desenvolvemento dunha estratexia internacional de enoturismo; e promover boas prácticas e ideas para a creación de empresas do viño e destinos para turistas dos mercados enfocados.Os oradores van ser especialistas nos países tratados, profesionais e tour operadores do Reino Unido, Francia e Alemaña, e importantes profesionais de comunicación online sobre turismo e turistas de viño en Europa.