AS MULLERES NO CINE, ESTE SÁBADO NO AUDITORIO MUNICIPAL

AS MULLERES NO CINE, ESTE SÁBADO NO AUDITORIO MUNICIPAL

Este sábado o auditorio municipal de “A Xuventude” acolle un ciclo de cine, enmarcado dentro dos actos para conmemorar o día da muller.

Este ciclo comezará ás 17:00h coa proxección de Zootropolis, película animada na que a protagonista, Judy Hopps, loita contra os estereotipos que se lle impoñen por ser muller e ser coella e decide converterse na primeira coella policía da cidade.

Haberá un segundo pase desta película ás 19:00h.

E para rematar, ás 21:00h proxectarase un ciclo documental adicado a figura da muller.

As invitacións para asisitir a calquera das tres proxeccións, están dispoñibles de forma gratuíta no Concello, ata completar o aforo do Auditorio.