AS CÁMARAS DE COMERCIO GALEGAS POÑEN EN MARCHA O I CONCURSO DE EMPRENDEDORES DE GALICIA.

AS CÁMARAS DE COMERCIO GALEGAS POÑEN EN MARCHA O I CONCURSO DE EMPRENDEDORES DE GALICIA.

As Cámaras de Comercio galegas poñen en marcha o I Concurso de Emprendedores de Galicia. O concurso consiste na gravación dun vídeo de menos de 2 minutos no que os participantes presentarán a súa idea de negocio/proxecto innovador, mencionando o programa “Aprende a Financiarte”

Despois, deberá dárselle difusión ao vídeo para que resulte seleccionado entre as 10 propostas máis votadas e converterse en finalista do concurso.Os finalistas presentarán a súa idea ante unha mesa de inversores na Cámara de Comercio de España o 25 de novembro.

O gañador recibirá un premio de 3000€ cos cales poderá comezar a financiar o seu proxecto, e ademais terá a oportunidade de entrar en contacto directo con posibles inversores interesados na súa idea. Os finalistas recibirán un cheque consultoría Aprende a Financiarte que inclúe a elaboración do plan de negocio do seu proxecto, a definición do plan financieiro e de financiación e o acompañamento na búsqueda de financiación por parte do equipo de especialistas de Aprende a Financiarte.

Podes consultar as bases do concurso no seguinte enlace: http://www.aprendeafinanciarte.com/concurso.

Tamén obterás maior información no arquivo adxunto.

Ademáis, dende a Cámara de Comercio de Vilagarcía infórmannos de que se poñen a disposición dos interesados axudándoos a gravar o vídeo, para elo pódense poñer en contacto a través do email b.lorda@camaravilagarcia.com ou do teléfono 986 565286

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.