ARTE E ARQUITECTURA EN CAMBADOS

ARTE E ARQUITECTURA EN CAMBADOS

O estudo do patrimonio arquitectónico e cultural de Cambados será a primeira das actividades académicas que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo desenvolverá este ano na provincia de Pontevedra en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Trátase do curso Arte e Arquitectura en Cambadosque abrirá o programa de actividades o vindeiro 8 de xullo no Museo Etnográfico do Viño da man da directora da Rede de Museos do Concello.

O Encontro Arte e Arquitectura en Cambados abordará a análise e estudo das diferentes manifestacións artísticas vinculadas á Arquitectura Civil, Relixiosa e Popular que se desenrolaron ao longo dos séculos neste conxunto histórico-artístico. O Encontro está orientado a estudantes e interesados no tema e contará coa colaboración de diferentes expertos na materia, así como cunha serie de clases prácticas a modo de visitas explicativas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.