A Concellaría de Cultura do Concello de Cambados, informa que esta semana iniciouse a obra de arranxo da Casa Natal de Ramón Cabanillas que forma parte do proxecto xeral de musealización, realizado polo deseñador Pepe Barro, do legado do escritor que terá a súa principal actuación no edifico de exposalnés. As obras correspondentes á Casa Natal, subvencionadas pola Deputación de Pontevedra cunha axuda para a conservación do patrimonio provincial de 10.000 euros, consiten principalmente na eliminación da couza da madeira do mobiliario e estructuras da casa así como da compra de novo mobiliario para, no futuro próximo, acoller o depósito do legado do escritor cambadés con total seguridade.
O Concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, agarda que esta obra estea rematada a finais deste mes de setembro e que en pouco tempo saia a licitación a obra do Plan Concellos 2018 aprobada, por valor de 50.000 euros, correpondentes á musealización do Legado Cabanillas na primeira planta do edificio de exposalnés. Estás dúas obras complementaranse coa sinalización do roteiro Cabanillas (subvención Plan Concellos 2017, por valor de 14.000 euros) que agardamos sexa unha realidade antes do remate deste ano 2018.
Este conxunto de actuacións que tentan potenciar a figura de Ramón Cabanillas, gran referente da poesía galega xunto a Rosalía de Castro, teñen como obxectivo a proxección de Cambados coma unha vila de gran interese cultual, ademais doutros grandes atractivos e valores deste pobo como son a súa arquitectura, patrimonio, paisaxe, natureza ou a súa riqueza vinculada aos importantes sectores produtivos do agro e do mar.