Emerxencia Social Municipal
O Concello dispón dunhas prestacións económicas de pagamento único, de carácter extraordinario e finalista, destinadas a aquelas persoas ou unidades familiares que precisen de apoios para a cobertura de necesidades básicas ante situacións puntuais e sobrevidas de emerxencia social. Entre elas: axudas para alimentación e vestido básicos, cobertura de gastos necesarios para o disfrute e mantemento da vivenda ou aloxamento habitual, gastos relativos á atención sanitaria non cuberta polos diferentes sistemas públicos…
Persoas ás que vai dirixido:
- Persoas que acrediten non dispoñer dos recursos suficientes cos que afrontar os gastos específicos de primeira necesidade, derivados de continxencias extraordinarias.
Risga/AIS
Prestación de carácter periódico (Risga) ou non periódico (AIS) destinada a garantir uns recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción (Risga) constituido por un conxunto de accións tendentes ao avance da integración persoal, familiar, social e, si é o caso, laboral da persoa beneficiaria.
A quen vai dirixido:
- Persoas que reúnan os requisitos establecidos na lei 10/2013 de 27 de novembro de medidas básicas de inserción social.
Categorías
M | T | W | T | F | S | S |
---|---|---|---|---|---|---|
« Set | ||||||
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |