INFORMACIÓN
- Valoracións de situacións problemáticas.
- Información e asesoramento sobre recursos sociais: pensións, axuda no fogar, cheque asistencial, termalismo, turismo social, Depotermal, vacacións Imserso, acollemento familiar de persoas maiores, axudas a persoas dependentes…
- Programa de actividades:
- Actividades de tempo libre: manualidades, relaxación, excursións, cursos…
Teleasistencia domiciliaria:
A teleasistencia domiciliaria é un servizo de atención telefónica ininterrompida cun equipamento de comunicacións e informática específicos especialmente destinados a persoas de idade avanzada, con discapacidade, illamento social, enfermidade, ou situación de risco psicosocial ou físico para que teñan atención inmediata en caso de emerxencia.
O sistema consta dunha unidade de alarma que leva a persoa, un terminal telefónico e unha central informatizada que recibe as chamadas e está situada no Centro de Atención. O servizo permite que ante calquera situación de emerxencia con tan só premer o botón do dispositivo que levan enriba os usuarios poidan comunicarse coa central, que está atendida por persoal especializado.
O servizo pretende proporcionar unha resposta inmediata que permita establecer unha comunicación entre o usuario e o centro de atención durante as 24 horas do día os 365 días do ano. Atende situacións de emerxencia sanitaria, inseguridade, soidade e illamento.
Esta oferta compleméntase cun servizo de axenda-recordatorio de determinadas tarefas, coma o control de medicamentos crónicos ou consultas médicas e sociais.
Categorías
M | T | W | T | F | S | S |
---|---|---|---|---|---|---|
« Dec | ||||||
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |