Na área de dependencia

A tramitación para a solicitude da situación de dependencia das persoas que obteñan a valoración de grado no departamento de SS.SS.

Para iniciar o procedemento de valoración da situación de dependencia, necesario para o acceso ás prestacións recollidas na Lei 39/2006, de Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, pode acudir á Oficina de Servizos Sociais do Concello, onde se lle facilitará información e asesoramento ademais dos formularios de solicitude e outra información sobre a documentación necesaria para o inicio do expediente administrativo.

Á documentación aportada polo solicitante, o Concello adxunta un Informe Social que realiza o traballador social da oficina de Servizos Sociais e que se remite á Delegación Provincial da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, organismo con competencias na valoración do grao e nivel de dependencia e na resolución das prestacións do Plan Individual de Atención.

Na área de discapacidades

  • Información e asesoramento das axudas, recursos e prestacións para persoas con discapacidades e axudas á dependencia.
  • Tramitación de Tarxetas de Estacionamento para discapacitados/as con graves limitacións de mobilidade.
  • Outras

Préstamo de ayudas técnicas:

Previa valoración de los técnicos del departamento disponemos de ayudas técnicas que se facilitan a las personas que por su capacidad económica y su estado de salud precisan este tipo de apoyos. En caso de no estar disponibles en el momento de la solicitud se pasaría a la lista de espera.

Plan municipal de prevención de drogodependencias

O Concello de Cambados asina cada ano un convenio de colaboración co SPAD de Vilagarcia para que este servizo preventivo asistencial de drogodependencias leve a cabo actividades de prevención de drogodependencias que abarcan as seguintes áreas e programas específicos:

  • Programa de prevención escolar
  • Programa de prevención no ámbito familiar
  • Programas no ámbito da mocidade
  • Programas no ámbito laboral
  • Actividades trasnversais de soporte aos programas de prevención: programa de información-sensibilización
  • Programa de formación de mediadores sociais