![]()
Información do seu interese
Conxunto de atencións de carácter informativo e de intervención social, dirixidas á poboación en xeral e a sectores con necesidades específicas, sobre prestacións e servizos do Sistema Público de Servizos Sociais e doutros sistemas de protección social: seguridade social, vivenda, educación, saúde, emprego, administración civil e de xustiza, etc.
- Neste programa/servizo ofrécese a primeira atención aos cidadáns e cidadás a través da axuda profesional que prestan as traballadoras sociais.
- A atención iníciase cunha consulta ou unha demanda de cada persoa na Unidade Municipal de Atención Social (UTA) que lle corresponde segundo a ubicación do seu domicilio. Dita atención é individual ou familiar e ten como finalidade escoitar e analizar a súa demanda, as súas necesidades sociais e mobilizar os recursos dispoñibles máis axeitados a cada situación ou problemática social.
- Garántese a confidencialidade de toda a información persoal e/ou familiar asi como o respecto á intimidade e á capacidade de decisión de cada persoa.

Categorías
| M | T | W | T | F | S | S |
|---|---|---|---|---|---|---|
| « Xul | ||||||
| 1 | 2 | |||||
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |





