Servizo de axuda no fogar
O Servizo de Axuda no Fogar está orientado a aquelas persoas que presentan problemas para a realización das actividades elementais da vida diaria, proporcionándolles atención directa no propio domicilio, realizando tarefas específicas que compensen a súa restrición de autonomía.
A axuda no fogar para aquelas persoas que non teñan recoñecida a súa situación de dependencia está finaciada exclusivamente con fondos municipais.
Programa de edu. familiar/servizo de familia e convivencia
Trátase dun programa de orientación, apoio e prevención a familias en situación de risco, co obxectivo de favorecer o correcto desenvolvemento dos seus membros e posibilitar a integración do núcleo familiar na comunidade.
A intervención realízase a través de diversas áreas:
- Convivencia familiar
- Educación para a saúde
- Organización e economía familiar
- Habilidades sociais
- Coordinación con outros servizos e organismos
Información e asesoramento a familias.
Tramitación de recursos para familias
- Axudas por fillos menores de 3 anos, familias numerosas, acollementos familiares, campaña de nadal “ningún neno sen xoguete”…
Asesoramento psicolóxico
- Apoio con psicóloga do CIM e intervención familiar
Atención Familiar
No seo das familias poden xurdir crises puntuais ou problemas de relación disfuncionais que xeran malestar entre os seus membros ou poñen nunha situación de risco ás persoas máis vulnerables, como son os menores de idade. Estas situacións poden ser tratadas polos profesionais dos Servizos Sociais Municipais a través do Programa de Atención Familiar.
O equipo de profesionais que compoñen o Programa de Atención Familiar son traballadores/as sociais, educadores/as que, tras unha valoración e diagnóstico da situación, elaboran e desenvolven plans de intervención individualizados orientados á consecución dunhas condicións que garantan aos menores unha atención e desenvolvemento axeitados no propio medio familiar.
Obxectivos do programa:
- Valorar situacións de desproteción de menores.
- Analizar o entorno relacional das familias e previr situacións de risco no seo familiar que afecten aos seus membros e impidan o seu desenvolvemento integral.
- Reducir e/ou eliminar os factores de risco que poidan afectar aos menores no seu medio familiar e social.
- Apoiar á familia na súa labor educativa tendente á adquisición de habilidades para a análise e resolución das dificultades.
- Acompañar aos menores na integración no ámbito escolar e social, reducindo condutas de absentismo escolar.
- Apoiar ás figuras que se encargan dos coidados e atención dos menores, reforzando o propio rol coidador e mellorando o benestar dos adultos e menores da familia.
Persoas ás que vai dirixido:
- Familias nas que se detectan dificultades e/ou sufrimento nos menores, e nas que as persoas encargadas dos coidados precisen de orientación e apoio para dar resposta á situación.
Categorías
M | T | W | T | F | S | S |
---|---|---|---|---|---|---|
« Xul | ||||||
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |