¿QUE É?
É unha instalación onde se efectúa, previamente seleccionados, a recepción de certos tipos de residuos domiciliarios que non son obxecto habitual do servizo ordinario de recollida de residuos sólidos urbanos.
¿QUEN O PODE EMPREGAR?
Só se admiten residuos xerados por particulares, residentes no Concello de Cambados. Os residuos xerados en empresas en industrias deberán ser xestionados polas eles mesmos a través de xestores específicos autorizados.
FUNCIONAMENTO:
Para que o servizo que se presta no Punto Limpo sexa o correcto, é necesario que
os usuarios aporten os residuos previamente separados e os depositen nos colectores específicos para cada fracción.
Tódalas entregas por parte dos usuarios serán anotadas polo encargado do Punto Limpo, nun Libro de Rexistro para o control interno no que constarán :
1) Identificación do usuario e a exhibición do seu DNI(ou outro documento como un certificado do padrón de habitantes)onde conste o domicilio en Cambados.
2) Natureza dos residuos e cantidades xeradas segundo os Anexos.
HORARIO INVERNO:
De LUNS A VENRES DE 8:30 A 14:30
HORARIO DE VERÁN:
De LUNS A VENRES DE 8:00 A 14:00
RECOLLIDA PORTA A PORTA DE VOLUMINOSOS E OUTROS RESIDUOS:
Ademais de poder levar estes residuos ao Punto Limpo, continuará en vigor o servizo periódico de recollida domiciliaria. Para facer uso deste servizo, o veciño interesado terá que chamar ao Concello 986520943 (#720) ou 986520943 (#721), onde se lles informará sobre os lugares e o horario para facer uso deste servizo.
Para maior información remítese, a calquera interesado, á ordenanza municipal de “Regulamento do funcionamento do Punto Limpo do Concello de Cambados”, publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o xoves 29 de setembro de 2016 (BOPPO nº 187)
ANEXO I: RESIDUOS ADMITIDOS:
1) Residuos comúns:
a) Papel e cartón.
b) Vidro: botellas e cristais varios.
c) Vidro: ventás e espellos.
d) Envases de plástico, bricks e latas.
e) Restos metálicos de fogares (ferralla e metais).
f) Madeira.
g) Téxtiles.
h) Residuos voluminosos: mobles, colchóns e electrodomésticos sen gas CFC (lavadoras, cociñas, quentadores de auga…).
i) Entullos de pequenas obras.
j) Plásticos: de orixe doméstico, así como de silos e invernadoiros de particulares, malla de sombra, malla antiherba…
k) Residuos verdes: residuos procedentes de podas e restos vexetais.
2) Residuos perigosos:
a) Disolventes, pinturas e vernices, e outros líquidos perigosos.
b) Fluorescentes e luminarias de vapor de mercurio, sodio e similares.
c) Baterías e pilas.
d) Radiografías.
e) Aceites minerais e aceites vexetais usados, procedentes de particulares.
f) Electrodomésticos con gas CFC (frigoríficos e conxeladores).
g) Aerosois e envases presurizados domésticos.
h) Neumáticos.
i) Toner ou tintas de impresora.
ANEXO II: RESIDUOS NON ADMITIDOS:
Xestionaranse a través de empresas e xestores autorizados
a) Materiais sen clasificar.
b) Materia orgánica.
c) Residuos sanitarios (medicamentos – SIGRE ou envases dos mesmos, infecciosos, clínicos, biosanitarios…)
d) Residuos radioactivos (pararraios…).
e) Residuos procedentes de actividades industriais ou comerciais.
f) Residuos de produtos fitosanitarios e os seus envases (Xestor: SIGFITO).
g) Residuos xerados por actividades mineiras ou extractivas.
h) Animais mortos.
i) Recipientes voluminosos, metálicos ou plásticos, (máis de 25 l) que contivesen produtos tóxicos ou perigosos.
j) Produtos procedentes de decomisados.
k) Calquera outro residuo que non se enumere na lista de residuos admisibles e non se poida identificar e/ou clasificar na categoría dos que se admiten.
ANEXO III: CANTIDADES MÁXIMAS ADMISIBLES AO DÍA:
– Papel e cartón: Ilimitada
– Vidro e cristais varios: Ilimitada
– Ferralla (restos metálicos): Ilimitada
– Residuos da bolsa amarela: Ilimitada
– Terras e entullos: Máximo 60 quilos en bolsas-bañeiróns de 20/25 quilos
– Aceites minerais de motor: Máximo de 10 litros.
– Aceites vexetais: Ilimitada
– Aerosois: Ata 10 unidades
– Electrodomésticos con CFC: Ilimitada
– Restantes electrodomésticos: Un máximo de 4 unidades de cada tipo
– Madeiras (sofás, cadeiras,…): Ata 60 quilos ou un moble
– Pinturas, vernices, disolventes …: Máximo de 5 quilos
– Colchóns: Máximo de 2 unidades
– Fluorescentes, lámpadas …: Ilimitada
– Plásticos domésticos: Máximo de 25 quilos
– Plásticos de invernadoiros particulares e silos: Máximo de 20 quilos/ 60m2
– Téxtiles domésticos: Ilimitada
– Baterías e pilas: Ilimitada
– Restos de podas limpa: Máximo de 1 m3
– Neumáticos: Máximo 2 unidades
– Toner ou tinta de impresora: Ilimitada