Área de Promoción Económica
A promoción económica de Cambados enténdese coma o resultado dun modelo de pobo a construír e dunha imaxe de vila a transmitir, apostando por un modelo de desenvolvemento local endóxeno, cooperativo e asentado na identidade e na historia do territorio. Trabállase pola dinamización económica do casco histórico e do rural.
O emprendemento é outra das liñas de acción desta área, fomentando a formación e creando as condicións axeitadas para o nacemento de proxectos colectivos, cooperativos e competitivos.
A Concellaría de Promoción Económica esta a traballar na xestión dos espazos de emprendemento de Cambados, para mellorar o edificio situado no polígono industrial destinado a Viveiro de Empresas, adicado ao emprendemento empresarial. A idea é facer destas instalacións un lugar multidisciplinar contando con despachos individuais e unha zona de coworking para emprendedores. O inmoble é un emblema do apoio ao emprego e a iniciativas empresariais.
Viveiro
O Viveiro de Empresas é unha acción impulsada polo Concello de Cambados co obxectivo de fomentar o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras e proporcionar un espazo de xestión e un apoio administrativo ás novas empresas. Facilitar o establecemento, arranque e consolidación de novas empresas ou a viabilidade de empresas xa existentes para a súa posterior inserción no mercado, favorecendo aquelas de especial interese social ou estratéxico. Comezar un proxecto empresarial constitúe un gran reto. Poñer en marcha unha iniciativa propia, a través da creación dunha empresa, é unha aventura persoal tan estimulante como complexa. Sen embargo, non é unha aventura imposible.
- IV XORNADAS PARA EMPRENDEDORES DO CONCELLO DE CAMBADOS
O Concello de Cambados volve a organizar unhas Xornadas de Emprendemento co fin de fomentar a creación de emprego no …continuar
- PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL SOBRE O CONFLITO DA MEGAMINA EN TOURO E O PINO, ‘A AMEAZA DO COBRE’
“Por unha banda dinche que veñas ao rural, e por outra estanche cortando o teu medio de vida. Non sei …continuar
- CURSO SOBRE O NOVO REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS
O pasado 25 de maio entrou en vigor o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). Trátase dunha nova regulación …continuar
- UNHA EMPRESA DE CAMBADOS SOLICITA UNHA NAVE DO VIVEIRO INDUSTRIAL
O Concello de Cambados ven de recibir a solicitude de admisión e selección dun novo proxecto empresarial para ocupar unha …continuar
Categorías
M | T | W | T | F | S | S |
---|---|---|---|---|---|---|
« Nov | ||||||
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |