Área de Industria

Fomento de actuacións tendentes á terciarización da nosa economía. Plans promocionais de Cambados en colaboración coas empresas locais e programa de Promoción do Polígono Industrial Sete Pías en materia industrial e de creación de emprego.

A área de Sete Pías está dotada dos medios máis vangardistas en novas tecnoloxías con conexión por cable a internet de alta velocidade que impulsa a implantación empresarial. O Concello ven de xestionar a instalación das telecomunicacións mediante fibra óptica de acceso a internet de banda ancha.

Da superficie total de 285.068 metros cadrados do polígono, 193.147 metros destínanse a parcelas de uso industrial e outros 36.479 metros a zonas verdes. As 100 parcelas industriais contan cunha superficie media de 30 por 60 metros (1.800 metros cadrados). O parque de Sete Pías conta cun vial principal de 20 metros que é o eixo estruturador do polígono, e doutros secundarios, de 16 metros, que percorren o ámbito perimetral -en forma de anel- adaptándose á topografía para que as pendentes dos viais sexan axeitadas.

Datos do Polígono Industrial de 7 Pías

Situación (orientación xeográfica, comunicacións, vías e estradas que o secundan): Parroquia de Oubiña. Linda cos concellos de Vilanova de Arousa e de Ribadumia.

Comunícase a través de dúas estradas: a EP-9002 da Deputación Provincial, polo Norte e a PO-300 da Xunta de Galicia, polo Sur. Atópase a 2 quilómetros aproximadamente do enlace coa vía rápida (agora chamada vía de alta capacidade)

 

Ano de construción

2002

Metros cadrados útiles

Superficie total do polígono: 285.068 m2
Superficie de parcelas: 193.148,77 m2
Superficie máxima a construír: 144.775 m2 (uso industrial)

Nº de parcelas

100 parcelas edificables
6 parcelas destinadas a zona verde

Parcelas edificadas

73

Parcelas libres

27 ( sen construír pero adxudicadas)

Nº de empresas instaladas

57