
Xestión Tributaria e Política Fiscal
Este Departamento ocúpase de realizar as xestións encamiñadas á consecución material das liquidacións dos tributos e doutros ingresos municipais, así como das recadacións, ao tempo que procura facer efectivo o principio de xeneralidade nas cargas tributarias dos obrigados ao pagamento a través da sección de inspección tributaria.
A elaboración dos orzamentos municipais, en coordinación cos diferentes departamentos municipais é outra das funcións desta Concellaría. Axustar os gastos e ingresos é o obxectivo fundamental nesta materia, sempre no marco da distribución dos recursos para atender as competencias e necesidades do concello e dos seus cidadáns.
En materia de políticas fiscais, deféndese a progresividade, considerando a situación económica e social nas figuras fiscais, con bonficacións ou desgravacións por tal condición. A suficiencia da recadación municipal ven determinada polas necesidades básicas que deben ser atendidas e pola loita contra o fraude fiscal e a economía mergullada.
Categorías
| M | T | W | T | F | S | S |
|---|---|---|---|---|---|---|
| « Xul | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | |||
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |




