Área de Comercio

Neste servizo impúlsanse actuacións para mellorar a oferta comercial de Cambados e para promocionar o comercio como elemento vertebrador da vida social e económica da vila, a través de políticas activas de apoio ao comercio, de impulso do asociacionismo comercial, do aumento da súa competitividade e de mellora do contexto urbano.

En materia de comercio, promóvese e apóiase o comercio de barrio, fomentando o asentamento de empresas de servizos, a creación de cooperativas e da difusión de produtos turísticos na zona. Impúlsase a actividade comercial, suxerindo iniciativas comerciais innovadoras e alternativas para o comercio tradicional, a través de proxectos colectivos e coordinando as campañas de dinamización comercial coas campañas turísticas, culturais e de festividades da cidade.

Oficina Municipal de Información ao Consumidor

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) ten como finalidade facilitar información aos consumidores sobre os seus dereitos. Fomenta a formación de consumidores e comerciantes mediante a organización de cursiños e coloquios sobre distintas seccións do consumo, con especial atención na formación do novo consumidor e, para iso, coordínase co profesorado co obxectivo de levar a educación do consumo á escola.

Ofrece documentación sobre aquilo que lle afecte ao consumo a disposición de todas as persoas que o soliciten. Facilirá tamén información ás asociacións de consumidores e entidades profesionais, pondo á súa disposición todo o material e documentación que precisen.

Nesta oficina, aténdese calquera problema, consulta e denuncia referente ao mundo do consumidor como:

  • Inexactitude no peso
  • Etiquetado incorrecto
  • Aditivos
  • Hixiene dos alimentos e establecementos
  • Fraude comercial
  • Manipulación e conservación dos alimentos
  • Vendas a domicilio
  • Contratos de seguros, vivendas…
  • Recibos de servizos de teléfono
  • Factura Eléctrica e o Bono Social
  • Cláusulas Chan e Gastos Hipotecarios

A OMIC ofrece información ao consumidor que facilite o exercicio dos seus dereitos.