ANUNCIO CONTRATACIÓN DE OBRAS

Por medio da presente infórmase que se procederá á contratación, como contrato menor, das obras de “REFORZO DO FIRME EN TELLEIRA-VILARIÑO”, aos efectos de que polas empresas interesadas se formulen ofertas económicas para as indicadas obras.

As proposicións para participar deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 2 de outubro de 2015 (venres), en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres e ós sábados de 9.00 a 13.00 horas.

Deberán aporta-la documentación seguinte:

SOBRE A:

Modalidade A:

1º.- De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpre coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

Modalidade B:

1º.- Fotocopia do D.N.I. da persoa que formula a oferta.

2º.- Certificación de atoparse inscrito no Rexistro de Contratistas da Xunta de Galicia, no caso de atoparse inscritos.

3º.- Certificacións de atoparse ao corrente coa Axencia Tributaria e coa Seguridade Social (non necesaria de estar inscritos no Rexistro de Contratistas da Xunta).

4º.- Declaración xurada de non atoparse incurso en prohibicións de contratar (non necesaria de estar inscritos no Rexistro de Contratistas da Xunta).

5º.- Declaración xurada de que a empresa dispón dos medios suficientes para levar a cabo o obxecto do contrato.

SOBRE B:

Conterá a oferta económica.

a) Programa de traballo e memoria construtiva ata un máximo de 50 puntos.

b) Proposta de redución de prazos ata un máximo de 30 puntos.

c) Por número de novas traballadoras contratadas ata un máximo de 10 puntos.

d) Por número de traballadoras contratadas na empresa  ata un máximo de 10 puntos.

En caso de empate na puntuación entre dúas ou máis empresas, o criterio de adxudicación que servirá para produci-lo desempate recaerá naquela empresa que conte cunha plantilla cunha maior porcentaxe de mulleres contratadas. No caso de persisti-lo empate terá preferencia a empresa que teña maior porcentaxe de traballadoras fixas en plantilla.