O domingo 11 de xuño terá lugar esta actividade destinada a recadar fondos para axudar na loita contra a AME, co seguinte programa:
– Punto de saída: Ruta da Pedra e da Auga
– 11:30 Saída dende a rotonda dos Castaños ata a Aldea da Pedra
-13:30 Xantar na Aldea da Pedra (cada un levará o seu)
-15:30 Xogos tradicionais cedidos por Cándido Mascato García, colchonetas, pancartas, globoflexia, carreira de sacos…
-17:30 Concurso de postres con premio ós tres mellores postres
(imprescindible anotarse tanto á andaina como ó concurso de postres)
Ao final do percorrido, habilitarase un buzón onde cada participante dará un donativo.
As inscricións poderán realizarse a través do teléfono 666251677 ou na asociación Pé de Cuba, Con de Xido e os Demos da Petaca.
Apadriñan o Acto Belén Xestal e Luis Iglesias.