Alternatívate: programa de ocio alternativo para a xuventude

Alternatívate: programa de ocio alternativo para a xuventude

Alternatívate forma parte da programación que a Concellaría de Xuventude pon en marcha para ofrecer alternativas de ocio á nosa mocidade, cun tipo de ocio que a xente xoven demanda moi activamente.

Este programa consta de 14 actividades, levadas a cabo por Laranxo animación sociocultural, nas que se buscou a máxima variedade. Haberá un ciclo de cine de terror, unha serie de actividades que fomentan o deporte, e outras orientadas á creatividade, e que se desenvolverán entre o 13 de abril e o 24 de maio, algunhas delas con inscripción previa.

Ainda que o programa pon o acento en actividades dinámicas, tendo en conta a franxa de idade do público ao que van dirixidas, inclúese tamén un curso de dúas horas de fotografía nocturna, moi útil nun momento no que a mocidade ve nas redes sociais unha ferramenta de comunicación social, permitindo as fotos nocturnas un novo enfoque co que sorprender ao seu entorno.

Na mesma liña vai o curso de coctalería sen alcohol. Esta actividade ten un dobre sentido xa que por unha parte amosará aos xóvenes as múltiples combinacións que se poden facer para desfrutar dun cóctel especial sin necesidade de recurrir ao alcohol e á vez accederán a unha formación complementaria nun sector que en toda a comarca ten moito tirón durante o verán. E moitos destes xóvenes recurrirán precisamente á hostelaría para traballar no verán.

O mesmo ocorre coa repostería creativa, que permitirá aos xóvenes sorprender en celebracións familiares ou incluso descubrir un talento nato para a elaboración deste tipo de receitas e quen sabe se incluso converterse en emprendedores no futuro.

O ciclo de cine de terror pon o acento cultural á programación, cunha proposta actual e divertida con títulos novidosos ideais para disfrutar en pandilla.

E dentro da variedade haberá ademáis unha serie de actividades deportivas, entre as que atopamos un taller de bailes latinos, iniciación á capoeira ou judo.

E seguindo a nosa aposta polas redes sociais como vehículo áxil e dinámico de comunicación, ponse tamén en marcha a páxina de facebook alternativatecambados, dende a que se poderá seguir toda a información sobre estas xornadas.

En definitiva, alternatívate é un programa dinámico, variado, novidoso e gratuíto, polo que animamos a tod@s @s xóvenes a participar e a facer das fins de semana un momento inolvidable.

As inscricións para as actividades que o precisen faranse a través do seguinte correo: alternativate@hotmail.com.  O programa completo pódese consultar no seguinte enlace:

Adxuntos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.