Con motivo da proclamación de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017, o Concello de Cambados pon á súa disposición un paquete turístico que consiste na visita a unha adega da D.O. Rías Baixas, na que poderán disfrutar de dous viños albariños e participar nunha actividade única que lle permitirá vivir en primeira persoa unha experiencia enoturística inolvidable.
Poderán optar por unha visita ao Museo Etnográfico e do Viño, o primeiro museo do viño de Galicia e no que se narra a historia do viño Albariño así como a tradición e cultura vitivinícola que o rodea.
Outra opción é a visita guiada polos bancos marisqueiros de Cambados, organizada pola Asociación Cultural de Mulleres do Mar de Cambados “GUIMATUR” e que lles permitirá apreciar o traballo artesanal que o cultivo e recolección do marisco conleva, sentindo a brisa mariña en primeira persoa.
Finalmente na Fundación Manolo Paz disfrutarán da obra ao aire libre do escultor cuxo nome lle da orixe, envolvéndose de arte contemporánea.
O prezo dos tickets para disfrutar desta experiencia será de 10€, e estes estarán á venta na oficina de turismo de Cambados (986 52 07 86 // turismo@cambados.es)