O Concello de Cambados suspende todalas actividades Deportivas para este Venres 03/02/2017 pola Alerta Laranxa por Vento.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín emitido o día 03/02/2017 ás 10:51 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTO que se iniciará ás 18:00 horas do día 03/02/2017 no ámbito de toda a Comunidade Autónoma de Galicia, con rachas máximas de 110 a 130 km/h.
A Dirección xeral de Emerxencias e Interior, en previsión destes feitos, RECOMENDA:
– Retirar todos os obxectos que poidan caer á rúa desde tellados, balcóns e fiestras, así como pechar e asegurar ben as portas, as fiestras e as persianas.
– Camiñar preto das fachadas dos edificios e vixiar a posible caída de obxectos.
– Evitar pasar preto de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, andamios e obxectos que poida derrubar o vento.
– En caso de ter que usar o vehículo informarse antes do estado das estradas e circular con precaución, especialmente nos adiantamentos de autobuses e camións, polo forte impacto do vento que se xera.
– Non utilizar vehículos lixeiros nin de pouca estabilidade (bicicletas, ciclomotores).
– En caso de ter que deixar o vehículo na rúa, aparcalo nun lugar protexido do vento e ben inmobilizado.
– Se dispón dunha embarcación, procure revisar o amarre antes da chegada do temporal.
– Manter e reforzar os seus servizos de emerxencias e mantemento de servizos esenciais en apoio á poboación.
– Todas as medidas que, de acordo coa avaliación de riscos desa entidade, foran necesarias para minimizar os riscos á poboación.
– Ante calquera emerxencia chame ao teléfono 1-1-2.
Descargar: alertaporventolaranxa03022017.pdf