ALEGRÍA. ¿REALMENTE TEÑEN INFLUENCIA AS EMOCIÓNS NA SAÚDE?

ALEGRÍA. ¿REALMENTE TEÑEN INFLUENCIA AS EMOCIÓNS NA SAÚDE?

¿Teñen consecuencias os nosos estados de ánimo, os nosos pensamentos e sentimentos na nosa saúde?

¿Cal é a nosa visión sobre as incidencias da vida?

Vémo-las crisis como problemas, ou como posibilidades de crecemento?

Este venres 18 (ás 20 horas, en ExpoSalnés) e sábado 19 (16:30 a 20 horas, no Salón Peña) a Concellaría de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade de Cambados ofrecerá unhas xornadas de portas abertas para coñecer cómo xestionar os nosos procesos internos a través da nosa ledicia. Aprender a xerar e transmitir esperanza, optimismo, autoestima e confianza no presente e no futuro, para nós mesmos e para outros.

Cales son as consecuencias da frustración, da ansiedade mal xestionadas?

Coñecemos os recursos que temos dentro de nós mesmos?

Sabemos sacarlle proveito para o noso propio ben?

Nesta ocasión, María Jesús Soutullo Crespo, Procuradora, Mediadora, Formadora e Coach, fará unha aproximación sobre as bases científicas que explican estes procesos. A conferencia terá lugar no salón de actos de ExpoSalnés este venres ás 20 horas. A visión que teñamos do noso entorno é a que vai determinar as nosas circunstancias na vida: Vivimos nun universo; consideramos que é violento, ou amigable?

Dicía Henry Ford que “tanto se ti crees que podes, como se crees que non podes, acertas”. O QUE CREO, CRÉOO. O QUE PENSO CONSTRÚOO. Daquela, coñecendo os procesos e as consecuencias, seremos quen de facilitar os cambios positivos e exitosos na nosa vida. Xestionando os nosos sesenta trillóns de células no noso beneficio. Pasar con facilidade do “distrés” o “eustres”. Equilibro entre a razón e o corazón. Como dicía Ghandi: Convértete no cambio que queiras ver no mundo” Contribúe a mellorar a sociedade na que vives. Vén!

“””””Conéctate coa túa Alegría! Xornadas de Portas Abertas. Este vindeiro fin de semana en Cambados (venres 18 e sábado 19) para desfrutar dos benéficos do Lecer Saudable. Sabemos qué incidencia teñen no noso organismo os pensamentos e actitudes positivas? E a repercusión dos negativos? Vén a Re-Activar a túa enerxía vital! A través do xogo grupal, con divertidas dinámicas: consciencia corporal, respiración, relaxación, biodanza, cromoterapia, zumba…. Aproximarémonos a novedosas metodoloxías de vangarda usadas para a consecución exitosa de logros persoais e profesionais (PNL -Programación Neurolingüística, Intelixencia Emocional, Neurociencia, Constelacións Familiares, Epixenetica) Comparte optimismo! Estimula a túa capacidade de sentir e Amar!””””

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.