CAMBADOS, 3,4 e 5 DE SETEMBRO DE 2021
O presente proxecto pretende dinamizar o turismo na vila de Cambados, dentro das rutas xacobeas, mostrando a turistas e peregrinos a riqueza material e inmaterial da zona. Potenciando, sobre todo, a cultura do viño e a relación deste co camiño de Santiago e cas nosas tradicións. Realizaranse actividades artísticas multidisciplinares, fomentando as culturas mariñeira e agraria para favorecer o desenvolvemento económico dos medios rural e agrario.
A intención é visibilizar Cambados como unha vila de importancia e tradición xacobea, dando a coñecer os importantes monumentos que nela se atopan, como a Torre de San Sadurniño, as Ruínas de Santa Mariña, a Igrexa de San Bieito ou a Praza e o Pazo de Fefiñáns. Rememorar figuras como a de Francisco Asorey e Ramón Cabanillas, ou os escritos sobre a Ruta Xacobea do Pai Sarmiento en Cambados e coñecer as importantes adegas e viñedos da comarca.
Con tal fin, o programa beberá de charlas e coloquios, catas e degustacións de viño e produtos locais, exposicións, obradoiros para as crianzas, concertos e roteiros pola vila.
Para levar a cabo o proxecto contarase co tecido sociocultural de Cambados, facendo actividades coas asociacións artísticas locais. Sempre apostando pola igualdade e enfocando as actividades con perspectiva de xénero.
VENRES 3 SETEMBRO
11:00 Inauguración no Museo do Viño da exposición ‘A historia do Albariño en carteis’, coa mostra dos carteis das 69 edicións da Festa do Albariño.
12:00 Inauguración na Casa da Calzada da exposición ‘Albariño Rías Baixas’, coa mostra dos viños gañadores da Cata Concurso Rías Baixas ao longo dos seus 32 anos de historia. Cata inaugural cos últimos Albariños premiados.
12:30 ‘O Camiño sabe a Albariño’. A pegada do patrimonio de Cambados no Camiño. Nos xardíns do Museo Torrado. Con Maribel Iglesias, Xoán Antonio Pillado, Paula Alfonso e Sindo Mosteiro. Modera: Bea Costa, redactora de La Voz de Galicia. Presenta: Tino Cordal, concelleiro de Cultura do Concello de Cambados.
16:00 ‘Camiñando Cambados: andainas teatralizadas’ con Teatro do Garaxe. Pazo de Montesacro – A Torre de San Sadurniño.
17:30-19:30 Horario de catas de variedades de Albariño das adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas.
18:30 Concerto de Zeltia, nos xardíns do Parque Torrado.
20:00 Ciclo: Os camiños da música- Sabela na Praza de Fefiñáns.
SÁBADO 4 SETEMBRO
12:00 ‘O Camiño sabe a Albariño’. Abrindo camiño: a presencia da muller na contorna do Albariño. Nos Xardíns do Museo Torrado. Con Laura Cachón responsable de marketing de Paco & Lola, Katia Álvarez, enóloga de Martín Codax, Sonia Costa de Lagar de Costa e Marisol Bueno de Pazo de Señoráns.
12:00-14:00 Obradoiros infantís en torno ao camiño no Parque Torrado.
12:00-14:00 Horario de catas de tres variedades de Albariño das adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas.
13:00 Concerto de Sabela Trigo, nos Xardíns do Parque Torrado.
16:00 ‘Camiñando Cambados: andainas teatralizadas’ con Teatro do Garaxe. Pazo de Moltó-Casa das Cunchas- Ruínas de Santa Mariña Dozo.
17:00-19:00 Obradoiros infantís en torno ao Camiño no Parque Torrado.
19:00 Concerto de Capitán Garfo no Parque Torrado.
17:30-19:30 Horario de catas de variedades de Albariño das adegas de Denominación de Orixe Rías Baixas nos xardíns do Parque Torrado.
20:00 Ciclo: Os camiños da música- Os Xesteira na Praza de Fefiñáns.
DOMINGO 5 SETEMBRO
12:00 ‘O Camiño sabe a Albariño’: O Albariño no mundo: mercados chave na internacionalización da identidade. Nos xardíns do Museo Torrado. Con Ramón Huidobro, Secretario Xeral do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Carlos Carrión, presidente de Paco & Lola, María Dolores Calvo, presidenta de Condes de Albarei e Xoan Antonio Allegue, presidente de Martín Códax.
12:00-14:00 Obradoiros infantís en torno ao camiño no Parque Torrado.
12:00-14:00 Horario de catas de variedades de Albariño das adegas de denominación de orixe Rías Baixas nos xardíns do Parque Torrado.
13:00 Concerto de Naomi, nos xardíns do Parque Torrado.
16:00. ‘Camiñando Cambados: andainas teatralizadas’ con Teatro do Garaxe. Praza de Fefiñáns-O Muiño da Seca.
17:00-19:00 Obradoiros infantís en torno ao Camiño no Parque Torrado.
19:00 Concerto de Punk Infantil no Parque Torrado.
17:30-19:30 Horario de catas de variedades de Albariño das adegas da denominación de orixe Rías Baixas nos xardíns do Parque Torrado.
20:00 Ciclo: Os camiños da música- Rojuu na Praza de Fefiñáns.