ADXUDICACIÓN DE CONCESIÓN DEMANIAL DO QUIOSCO SITO NA PRAZA DE FEFIÑÁNS

PROVIDENCIA DA CONCELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

 

DENOMINACIÓN DO CONTRATO“ADXUDICACIÓN DE CONCESIÓN DEMANIAL DO QUIOSCO SITO NA PRAZA DE FEFIÑÁNS

 

Esta concellería, en uso das facultades atribuídas, ten a ben

 

RESOLVER:

1º.- Inicia-lo expediente administrativo para a adxudicación da concesión demanial do quiosco referenciado.

2º.- Dispoñer que a adxudicación se levará a cabo por procedemento aberto, subasta e tramitación ordinaria.

PREGOS DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A ADXUDICACIÓN DE CONCESIÓN DEMANIAL  DO QUIOSCO SITO NA PRAZA DE FEFIÑÁNS NO CONCELLO DE CAMBADOS.

 

OBXECTO DE CONTRATO. DURACIÓN DO CONTRATO.-

1.1.- O obxecto do presente contrato é a utilización e ocupación dun quiosco.

Este prego, cos documentos que preceptivamente o integran, formarán parte da concesión que no seu día se outorgue.

O quiosco destinarase exclusivamente á expedición de bebidas, lambetadas, bocadillos, aperitivos, tenda de regalos e produtos típicos na Praza de Fefiñáns.

En ningún caso a concesión amparará a instalación de mesas, cadeiras ou calquera outro elemento ou instalación fora do recinto que é obxecto de concesión, o que no seu caso esixiría contar ca correspondente licenza municipal.

A concesión outorgarase a salvo do dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiro.

Si como consecuencia das necesidades públicas fora precisa un levantamento ou traslado das instalacións, o concesionario virá obrigado a leva-lo a cabo, sen dereito a indemnización algunha , ao lugar designado polos servizos técnicos municipais.

A concesión outorgarase a salvo do dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiro.

1.2- O prazo do contrato será de DOUS ANOSprorrogables por outros dous, ó finaliza-los cales (catro anos totais) reverterán os postos ó Concello, sen dereito a indemnización algunha para os adxudicatarios.

 

2. FORMA DE ADXUDICACIÓN.-

A concesión adxudicarase polo procedemento aberto, forma de subhasta, tramitación ordinaria.

 

3.- ÓRGANO DE CONTRATACIÓN.-

O órgano competente para a contratación determinarase de  conformidade co disposto polo artigo 21 e 22 da LRBRL , Lei 7/1985 de 2 abril.

Correspondendo a adxudicación da concesión a Xunta de Goberno Local por delegación do Pleno; xa que se trata dunha concesión  superior a 4 anos, e non require maioría absoluta para a súa aprobación ao non exceder do 20 % dos recursos ordinarios do presuposto.

 

4.-DURACIÓN DA CONCESIÓN.-

4.1.-A duración da concesión será de 2 anosprorrogables por outros dous, a contar dende a formalización co contrato.

4.2.- O concesionario disporá dun prazo de 15 días dende a sinatura do contrato para a habilitación do local.

Ó extinguirse a concesión, independentemente da causa pola que se produza, o concesionario estará obrigado a entregar as instalacións o Concello dentro dos 15 días seguintes, en estado de conservación e funcionamento adecuados.

O concesionario estará obrigado a continuar ó fronte da explotación durante un prazo máximo de 6 meses unha vez terminada a concesión, se así o dispuxera o Concello, a fin de que a explotación non se vexa interrompida durante o período de tempo necesario para a adxudicación dunha nova concesión.

O Concello resérvase o dereito a rescata- la concesión antes do seu vencemento  se o xustifican circunstancias de interese público. Salvo que o rescate estea baseado en motivos imputables á culpa do concesionario, procederá o resarcimento dos danos e prexuízos de acordo coas normas vixentes no momento do rescate. En tal caso, o concesionario, comprométese a abandonar e deixar libre o local no prazo de tres meses dende a notificación do rescate. Se incumprise con isto último, perderá automaticamente o dereito a indemnización de danos e prexuízos.

O concesionario será directamente responsable en relación con terceiros, dos danos causados como consecuencia do funcionamento anormal das instalacións concedidas.

Obrigatoriamente e con carácter previo á formalización do contrato, o concesionario deberá ter subscrita a correspondente póliza de responsabilidade civil, que deberá estar en vigor ó comezo da prestación, por un importe mínimo de 150.000 euros por sinistro.

O Concello de Cambados non se fai responsable das faltas de pagamento do concesionario ós seus provedores, nin dos desperfectos ou roubos que poidan ocasionarse e non trá relación xurídica nin laboral co persoal pertencente á empresa concesionaria nin durante a vixencia do contrato nin á súa terminación, debendo o concesionario facer constar nos contratos de traballo que subscriba expresamente esta circunstancia para todos os traballadores.

 

5.- FINANCIAMENTO.-

O concesionario asumirá a totalidade do financiamento dos gastos necesarios para poñer en funcionamento o local, tales como maquinaria e mobiliario en xeral, estanterías, armarios, …

Correrán por conta do adxudicatario tódolos gastos de mantemento, conservación e limpeza do local.

 

6.- POTESTADES E FACULTADES DO CONCELLO.-

1.- Acordar a extinción da concesión por calquera causa e determinar os efectos desta. Dentro desta facultade inclúese a de deixar sen efecto a concesión antes do vencemento, se o xustificasen circunstancias sobrevidas de interese público, mediante resarcimento dos danos que se causaren, ou sen el cando non procedese.

2.- A de interpretar e resolver as dúbidas que ofreza o cumprimento da concesión.

3.- A de modificar a concesión por razóns de interese público de acordo co disposto no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector público.

4.- A de fiscalizar o ben obxecto de concesión dando as ordes oportunas para que se utilicen correctamente e non sufra menoscabo este ben.

5.- A potestade de acordar e executar por se o lanzamento do concesionario senón abandona e deixa libre e a disposición do Concello a instalación que deberá devolverse no mesmo estado no que se recibe cando se extinga a concesión por calquera causa.

 

7.- DEREITOS DO CONCESIONARIO

1.- Á usar a instalación municipal con destino a quiosco.

2.- A formular cantas reclamacións estime oportunas.

 

8.- OBRIGAS  DO CONCESIONARIO.-

1.- Realización dos traballos e adquisición de tódolos elementos necesarios para o funcionamento do local.

2.- O local explotárase polo concesionario, quedando expresamente prohibida calquera cesión ou traspaso da concesión que non conte coa previa autorización municipal.

3.- A explotación do local realizarase pola conta e risco do concesionario.

4.- O servizo de quiosco deberá de prestarse todos os días en horario de 10 a 22 horas, sendo o concesionario o encargado de abrir e pechar o recinto. Estarase exento de cumprir este horario os días 24 , 25 e 31 de decembro, así como o 1, 5 e 6 de xaneiro. A maiores, poderá haber días en que non sexa necesario o cumprimento dese horario, sempre con previa comunicación e autorización por parte do Concello.

5.- O titular deberá expoñer de forma visible o prezo dos produtos, servizos e consumicións obxecto da venda.

6.- Estar ó corrente das obrigas tributarias, laborais e ca seguridade social, así como as de seguridade e hixiene no traballo, sanitarias, manipulación de alimentos e calquera outra que a normativa vixente esixa para o exercicio da actividade que se presta, quedando o Concello exonerado de calquera responsabilidade por este incumprimento.

7.- Deberá garantirse a correcta presentación, conservación e exposición de produtos.

8.- Ter a disposición dos usuarios as correspondentes follas de reclamacións oficiais de conformidade ca normativa vixente.

9.- Asumir a conservación e mantemento de toda a instalación que se utilice par aprestar o servizo de quiosco, e esta obriga implica a de manter e conservar en bo estado a porción de terreo utilizada, conservar a súa custa todos os elementos integrantes da instalación, manténdoos en perfecto estado e repoñendo o material en caso de perda, substracción ou danos no prazo máximo de dez días.

10.- Someterse á inspección da instalación municipal por parte do Concello ca finalidade de garantir que o mesmo é usado de acordo cos termos da concesión.

11.- A obter a súa costa cantas licenzas, autorizacións e permisos requira o uso ou as actividades a realizar sobre a instalación.

12.- Non poderá realizar publicidade comercial a favor doutras empresas salvo autorización do Concello.

13.- Cumprir as normas contidas na lexislación vixente na materia.

14.- Gardar sixilo respecto dos datos ou antecedentes, que sendo públicos ou notorios, estean relacionados co obxecto do contrato e dos que teña coñecemento con ocasión do mesmo.

15.- Abandonar e deixar libre e vacuo, en perfecto estado de conservación e uso, a disposición do Concello, o ben obxecto de concesión que deba reverter ó Concello cando se extinga a concesión, recoñecendo a potestade do Concello para acordar e executar por si o lanzamento. Así mesmo debe abandonar e deixar libre e vacuo, en perfecto estado de conservación e uso, a disposición do Concello, as obras e instalacións que teñan que reverter ó Concello cando se extinga a concesión.

16.- A aboar e asumir o importe dos danos e perdas que se causaren ás instalacións ou uso xeral ou servizo ó que estivesen destinados así como calquera dano e perda que se cause sobre bens materiais ou persoais xa sexan do Concello ou de terceiro.

17.- Poñer en coñecemento inmediato do Concello cantas actuacións ou incidencias poidan producirse na instalación municipal.

18.- Non poderá arrendar, subarrendar nin allear os bens afectos ó servizo de quiosco.

19.- A asumir a responsabilidade derivada da ocupación do ben obxecto desta concesión.

 

9.- TIPO DE LICITACIÓN.-

O tipo de licitación (canon anual) que satisfará o concesionario a este Concello será ofertado na súa proposición económica, sen que en ningún caso poida ser inferior a 500 €.

O canon aboarase ó Concello por adiantado no primeiro mes de cada ano, exceptuando o primeiro que se aboará proporcionalmente ó importe de adxudicación polos meses que transcorran dende aquela ata o 31 de decembro. O mesmo sucederá co último canon a pagar, que ó non coincidir co ano natural, será prorrateado polos meses que dure a concesión.

Serán rexeitadas as proposicións que  teñan cifras comparativas como por exemplo a expresión “tanto menos”, ou ben “tanto por cento menos da proposición máis favorable”.

Será causa de resolución da concesión a falta de pago en prazo, sen prexuízo da súa exacción por vía de constrinximento.

 

10.- FIANZA PROVISIONAL.-

Os licitadores deberán constituír fianza provisional  para concorrer á subhasta dos referidos postos, por importe de 200 euros, que será devolta despois de concluída a subhasta a aqueles que non lle fora adxudicada concesión algunha. No caso de que o que resulte adxudicatario renuncie á adxudicación, non terá dereito á devolución da fianza.

A fianza poderá constituírse  en calquera das formas previstas no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.


Descargar: Inf De Oficio Valoracion Fefiñanes.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.