Xa hai resolución do programa de axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar para alumnos/as de centros docentes públicos de educación primaria e secundaria do concello de Cambados durante o curso 2016-17.
Neste curso escolar o total de solicitudes presentadas foron de 126, das cales aceptáronse 95 e foron rexeitadas 31 solicitudes que non reunían os requisitos fixados nas bases da convocatoria.
Aplicando os criterios de adxudicación previstos nas bases, os 61 solicitantes, cunha puntuación de entre 2´50 e 3 puntos, recibirán unha axuda de 120 euros. Os 42 solicitantes que obtiveron unha puntuación de entre 1´75 e 2´25 puntos, recibirán unha axuda de 110 euros e aos 7 solicitantes, cunha puntuación de entre 1 e 1´5 puntos, recibirán unha axuda de 100 euros.
A partir deste momento todos/as os alumnos/as beneficiados coas axudas de ensino, serán avisados persoalmente e terán un período de 15 días para xustificar documentalmente estas axudas.