Con motivo da celebración do centenario da publicación de Vento Mareiro, este mes de novembro organízanse diversos actos culturais:
Xoves 5:
Presentación do libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa, de Francisco Fernández Rei. Ás 20:00 no auditorio da Xuventude.
Participan no acto Víctor Caamaño, Concelleiro de Cultura; Emilio Insua, profesor e investigador; Xoán Silva e Blas, cantautores; Anaír Rodríguez, editora do libro, e Francisco Fernández Rei.
Sábado 7:
Roteiro Cabanillas guiado por Manuel Núñez e Xoan Antonio Pillado. Ás 11:00h na casa natal de Ramón Cabanillas.
Luns 9:
Cabodano de Cabanillas
1. Colocación dunha placa na casa da rúa do Hospital onde Cabanillas pasou os derradeiros días, ás 18:30 h
2. Acto do centenario de Vento mareiro
Auditorio da Xuventude, ás 20:00 h
– Mantedor do acto: Francisco Fernández Rei
-Conferencia de Miguel Anxo Seixas: “O vestido do verso: Cabanillas ilustrado por Castelao”
– Recital poético de Vento mareiro (1915):
-Aloia Insua “Meus irmáns”
-Manolo Núñez “Galicia”
-Isabel González. Avión, “Á sombra do pinal”
-Xosé Mª Vila Ribadomar “A fouce esquecida”
-Maribel Iglesias “Costa Arriba
– Manolo Pillado “Camiño longo”
-Adela Leiro “A Basilio Álvarez”
– Xoán Antonio Pillado “O paxariño namorado. Madrigal”
-Pitusa Vidal Cabanillas: “Sono dourado”
–Actuación musical (textos de Cabanillas)
-Iria Cuevas, mezzosoprano
-Alejo Amoedo, piano.
“No mais fondo”. Música de José Jané Baqués
“Ceiño da miña aldea”. Música: Manuel Blancafort de Roselló
“Camiño longo”. Música: Antón García Abril
“Quen no seu corazón”. Música: Rogelio Groba Groba. Estrea absoluta
-Nenos e nenas do Conservatorio de Cambados cantan a Cabanillas
-Fecha o acto Víctor Caamaño, Concelleiro de Cultura
Xoves 12:
Conferencia de Esperanza Mariño: A visión da muller na poesía de Ramón Cabanillas. Ás 20:00h en Exposalnés.
Venres 13:
Exposición de fotografías sobre poemas de Vento mareiro. Ás 20:00h en Exposalnés.
Sábado 14:
Acto da Real Academia Galega
No Auditorio da Xuventude, ás 19:30h.
Copresiden o acto Fátima Abal, alcaldesa de Cambados, e Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega
-Mantedor: Henrique Monteagudo (secretario da RAG)
-Relatorios:
Emilio Insua, Cabanillas e as Irmandades da Fala
Francisco Fernández Rei, Cambados e Vento Mareiro
Xesús Alonso Montero
-Recitan:
Fina Casalderrey
Margarita Ledo
Salvador Garcia-Bodaño
-Actuación musical:
Xaquín Xesteira