ACTO SOBRE O HIMNO GALEGO NO CENTENARIO DA MORTE DE PONDAL

ACTO SOBRE O HIMNO GALEGO NO CENTENARIO DA MORTE DE PONDAL

Mañá venres 2 de xuño ás 20:30 no Auditorio Municipal da Xuventude terá lugar un acto sobre o Himno Galego que está encadrado dentro das actividades culturais das Letras Galegas 2017, organizadas pola Concellaría de Cultura, como conmemoración do centenario da morte de Eduardo Pondal.

Dito acto será guiado e introducido por Manuel Núñez e nel presentarase o proxecto audiovisual “O Himno por Andrea Pousa”, da produtora Queiman e Pousa. Para o desenvolvemento de dito acto contará coa presenza e intervención de Andrea Pousa e o Bruxo Queiman.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.