O PROXECTO SMARTPEME DA DEPUTACIÓN LEVARÁ A CABO SEIS CURSOS EN MAIO NO CENTRO EXPOSALNÉS DE CAMBADOS
SmartPeme é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia
O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá, durante todo o mes de maio, seis obradoiros ao abeiro do programa SmartPeme da Deputación de Pontevedra. SmartPeme ofértalles ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de persoas empresarias e de mozas e mozos autónomos.
As quendas para o mes de maio, todas elas en horario de 19:00 horas, son as seguintes:
Unifica a xestión das túas redes con HOOTSUITE e outras ferramentas mañán 3 de maio
Elixe a túa plataforma de comercio electrónico dia 12
Como utilizar Instagram para promover a túa empresa dia 16
Facebook para non iniciados dia 22
Fotografía e vídeo para establecementos de turismo dia 25
Como ser eficiente na organización do teu tempo: Trello e TOGGL dia 29