Este luns 1 de maio dispútase a regata Concello de Cambados, da liga galega de Kaiak de mar 2017 (IV Copa Sipre), con saída ás 11:00 dende o peirao de san Tomé.
Xa pola tarde, ás 17:30 no Pazo de Torrado celébrase a Festa dos Maios, na que actuarán asociación e grupos musicais cambadeses. Para poder participar ou obter información, deberán dirixirse á biblioteca municipal Luís Rei. (en caso de choiva, farase no salón de congresos e exposicións José Peña)