A semana da muller conmemórase en Cambados coas seguintes actividades:
– III Fast dates entre mulleres. O 7 de marzo, ás 18:00 en Exposalnés. Trátase dunha iniciativa para o fomento do emprendemento e a búsqueda activa de traballo, consistente en reunións rápidas entre mulleres emprendedoras ou en busca de traballo (inscricións en axente.igualdade@osalnes.com ou no 622098721).
– Almorzo de emprendedoras. O 8 de marzo ás 10:00 en Exposalnés (inscricións en axente.igualdade@osalnes.com ou no 622098721, entrada de balde).
– Lectura do manifesto 8M: ás 12:00 na praza do Concello.
– Proxección do filme Vaiana: o 8 de marzo ás 17:00 no auditorio da Xuventude, entrada libre.
– Gala da muller, o domingo 10, ás 18:00 no auditorio da Xuventude. Entrada libre.